Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 14 de noviembre de 2017
DEPORTES

A copa Galicia de CX visita Santiago de Compostela para disputar 4º das súas probas

Guardar en Mis Noticias.

[Img #36657]

 

Santiago de Compostela converteuse na mañá do pasado domingo no escenario da 4ª proba da Copa de Galicia de Ciclocrós, onde nos aledaños do Estadio Multiusos de San Lázaro converteuse no escenario da XVII TROFEO CIDADE DE SANTIAGO , onde os ciclista desprazados ata a capital galega víronse na obriga de  facer fronte a un durísimo circuíto que puxo a proba as forzas de todos os participantes. As caídas foron unha constante no transcurso de toda a xornada nun terreo esvaradizo por culpa do orballo caído pola noite. Ata a capital galega desprazáronse os integrantes da A.D. Avanza das categorías cadete, Júniors, Masters, Elites e os infantís que participan carácter de promoción. 

 

Os infantís daban comezo a xornada na quenda de promoción onde os pequenos avanzas marcaron tendencia o liderar a proba en todo momento, aínda que carece de podio e premio os pequenos ciclistas afrontan coa ilusión e competividade que corre pola súa sangue.

 

Na categoría Cadete compre destacar o 3º posto acadado por Xoel Montes que chegaba ata a capital galega 4º na clasificación xeral da Copa Galicia de CX, e sen esquecernos do seu compañeiro de categoría David Fernández  que conseguía rematar en sexta posición. Na categoría Júnior Óscar Fernández conseguía rematar en décima posición a pesar dos atrancos padecidos durante toda a proba, atrancos que o seu compañeiro de categoría Jose Ramón “chechu” non lle permitiron rematar a proba.  

 

Na categoría Elite Luís Fernández “Oli” que chegaba a capital galega situado na quinta posición da xeral, conseguía rematar na décimo segunda posición despois de padecer un espectacular accidente cando estaba disputando o terceiro posto da categoría, caída  a cal estivo apunto de facelo abondoar o quedar tocada a mecánica da súa bicicleta.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados