Martes, 7 de agosto de 2012
salceda de caselas

Os populares de Salceda denuncia que “ alguén que intenta frear e tapar o labor do PP”

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Os populares denuncian que o seu traballo e mediación para lograr as achegas económicas procedentes da Deputación e da Xunta quedan na sombra por interese de “alguén” que intenta frear e tapar o gran labor do PP

Celebrada xa a Semana Musical de Salceda de Caselas o Partido Popular local fai unha valoración positiva deste evento internacional que atraeu ao municipio a centos de músicos, afeccionados e público en xeral. “Dende o PP alegrámonos da posta en marcha dunha nova edición da Semana Musical, un logro acadado por todos aqueles que así o fan posible, dende a Asociación Amigos da Música, o Concello, a Deputación de Pontevedra e, sobre todo, a Xunta de Galicia a través de Agadic”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e voceiro do PP local.

O Partido Popular de Salceda de Caselas lembra que cada ano median e acompañan aos directivos da asociación á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra para conseguir as achegas económicas necesarias, “unha acción que non se fai pública e queda na sombra por interese de alguén que intenta frear e tapar o gran labor do PP neste aspecto, pero o importante é que todos e, sobre todo, os veciños coñecen este traballo que fai o Partido Popular e saben quen axuda economicamente este evento e grazas a quen se consegue que nos difíciles tempos que corren se siga celebrando ano a ano, traendo ao noso municipio músicos e actuacións chegadas de todo o mundo como foi o caso da Maribor International Orchestra, un auténtico luxo de espectáculo musical que puxo o peche a esta edición”, asegura Rodríguez Davila.


O voceiro e presidente do PP local sinala que “o noso compromiso é cada ano máis e mellor a pesar de que non nos conviden ás roldas de prensa e presentacións, como tampouco convidaron á Deputación nin á Xunta como máximo patrocinador, e sen embargo si o fan co Concello. Isto si que é actuar dun xeito partidista e non nós que, aínda que sexamos acusados diso, non distinguimos cores políticas nas directivas das asociacións, que estea quen estea para nós son considerados veciños que están ao fronte de asociacións e agrupacións representativas de todos os salcedenses e como tal merecen o apoio para levar a cabo actividades e eventos deste tipo”.


Deste xeito, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas constátase que seguirase traballando, aínda non estando gobernando, para que cada ano a Semana Musical sexa mellor “porque o noso compromiso é Salceda e os salcedenses, independentemente da súa cor política”, conclúen.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados