Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 14 de noviembre de 2017
MOS

Persoal municipal recibe formación para actuar ante un accidente nos edificios públicos

Guardar en Mis Noticias.

Traballadores do Concello recibiron onte formación sobre como proceder se un particular sufre un accidentes mentres se atopa en instalacións públicas locais.

[Img #36675]

Onte pola mañá celebrouse no Salón de Actos da Axencia de Colocación de Mos unha reunión que congregou a todo o persoal do Concello, así como aos concelleiros/as do equipo de goberno. A reunión versou sobre protocolo de actuación a levar a cabo en caso de accidente ou sinistro en instalacións municipais de persoal alleo ao Concello.

 

Isto é, como deben proceder os traballadores/as municipais en caso de que un particular que se atope en edificios públicos locais sufra un percance, accidente ou problema de saúde. Ditos edificios públicos locais son tanto a Casa Consistorial e dependencias dos departamentos municipais, como auditorios municipais, pavillóns, biblioteca, piscina, etc.

 

A charla sobre os parámetros a seguir en caso de aconteceres os devanditos accidentes foi impartida por profesionais da empresa aseguradora que ten contrato co Concello de Mos.

 

Os puntos que se abordaron durante este encontro foron: a chamada a urxencias-061, atención a instrucións médicas, solicitude de traslado en caso de ser necesario (a centro público ou privado), tramitación da incidencia á empresa, mutua, compañía de seguros, etc., (con testemuños en caso de ser necesario); atención ás pautas marcadas para curación, autorización de probas; determinación da responsabilidade e oferta se procede e conclusións finais.

 

Ao final da xornada abriuse un turno de rogos e preguntas para que tódolos traballadores asistentes puidesen consultar e/ou aclarar calquera dúbida.

 

Con esta iniciativa preténdese mellorar o servizo ao cidadán ademais de facer de todas as instalacións municipais os lugares máis seguros posibles para todos/as veciños/as e usuarios/as das mesmas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados