Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 13 de noviembre de 2017
MOS

450 persoas homenaxearon a Don Manuel Álvarez na súas vodas de ouro

Guardar en Mis Noticias.

O acto foi un absoluto éxito de afluencia, no que os fregueses demostraron o seu afecto polo sacerdote, que este ano cumpre 50 anos como cura da parroquia mosense de Guizán.

[Img #36678]

 

A parroquia de Guizán, coa colaboración das parroquias de Mos e Torroso, organizou este pasado sábado unha comida-homenaxe na honra do cura párroco Don Manuel Álvarez Pérez, que celebra as súas vodas de ouro como sacerdote de Guizán. Homenaxe á que se sumou tamén o Concello de Mos, que estivo representado pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, pola concelleira de Cultura e Turismo, Política Social, Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro, e a edil mosense natural da parroquia de Guizán, Julia Loureiro.

 

[Img #36690]A celebración contou coa asistencia de 450 persoas que quixeron estar ao carón do seu sacerdote e amosarlle toda a súa gratitude e afecto por tantos anos de traballo.

 

A homenaxe a Don Manuel celebrouse o pasado sábado 11 de novembro e os actos desenvolvidos consistiron nunha Misa na Igrexa Parroquial de Santa María de Guizán ás 12.30 horas da mañá, seguida dun xantar de confraternización no Pavillón Óscar Pereiro ás 14.00 horas.

 

[Img #36691]

[Img #36694]

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados