Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 14 de noviembre de 2017
MOS

Aberto o prazo de inscrición na orixinal iniciativa ‘Deporte e Solidariedade’

Guardar en Mis Noticias.

O 5 de decembro de madrugada o Pavillón Óscar Pereiro abrirá as súas portas aos amantes do deporte para pacticar disciplinas tan variadas como a natación, o cross training e a kizomba.

[Img #36681]

 

Dende a concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, infórmase de que xa está aberto o prazo de inscrición na Iniciativa ‘Deporte e Solidariedade’, -incluída dentro do programa municipal Activa Xuventude-,  que se celebrará no Pavillón Óscar Pereiro o vindeiro 5 de decembro en horario de 22.00 horas a 02.00 horas da madrugada (6 de decembro).


O prazo de inscrición rematará o día 1 de decembro e o prezo por inscribirse será de un quilo de alimento non perecedoiro (preferiblemente de Nadal) que irá destinado ao banco de alimentos de Mos Axuda para que tódalas familias mosenses, incluídas as máis desfavorecidas, poidan gozar das datas navideñas ao redor da mesa.


A actividade ‘Deporte e Solidariedade’ aunará actividades de natación, cross training e kizomba nocturnas, para que os participantes poidan divertise, poñerse en forma e axudar ós demais nunha franxa horaria nocturna na que existe unha oferta de lecer pouco variada e á que, con esta iniciativa, ofrécense alternativas diversas e todas moi divertidas e entretidas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados