Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 16 de noviembre de 2017
TOMIÑO

Inícianse as obras de acondicionamento do Mercado Municipal de Tomiño

Guardar en Mis Noticias.

Cun orzamento de case 20.600 euros, os traballos servirán para afondar na redución do impacto solar e axeitar o interiorismo da praza.

[Img #36688]

 

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao resto das instalacións na planta baixa, que manterá a súa actividade habitual.


Cun orzamento de 20.589,89 euros, as cobras contan cunha subvención de 10.294,95 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria concedida a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas para a consecución de mercados de excelencia nos distintos concellos galegos e para a mellora dos recintos onde se desenvolve o comercio non sedentario.


As obras, que comezaron este mesmo luns, contemplan o acondicionamento das instalacións da praza de abastos coa colocación dun pavimento técnico vinílico; a incorporación de elementos de redución do impacto da radiación solar, como un sistema de sombreado na zona de peixaría; a creación e acondicionamento dun espazo multifuncional para actividades que complementen a actividade comercial e a rotulación exterior do edificio.


Ademais, levaranse a cabo melloras no interiorismo axeitando as instalacións para acadar unha imaxe integral e homoxénea dos postos de venda e áreas comúns, así como na sinalización e na rotulación interior. Por outra banda, tamén se desenvolverán elementos de exposición de identificación de produtos e prezos.


Esta iniciativa conta ademais cunha partida de máis de 700 euros para desenvolver distintas actividades de formación dirixidas aos praceiros e praceiras que teñen os seus postos no Mercado Municipal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados