Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 15 de noviembre de 2017
MOS

Integración deportiva para as mulleres das Escravas da Virxe Dolorosa

Guardar en Mis Noticias.

O centro feminino e a Unión Deportiva Mos iniciaron esta semana unha colaboración que comezará coa práctica de atletismo e fútbol 7 por parte das usuarias.

[Img #36702]

 

Nun dos últimos ‘Encontros coa Alcaldesa’ que reuniu á rexedora local, Nidia Arévalo, con colectivos de persoas con dispacidade e os seus familiares, surxiu a idea de emprender un plan municipal de integración para discapacitados mosenses creando iniciativas que fomenten a convivencia de persoas con algunha discapacidade e veciños/as con plenas capacidades.


O primeiro paso de dito plan de integración deuse onte pola tarde nunha xuntanza mantida no Campo de Fútbol das Baloutas entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, a edil de Política Social mosense, Sara Cebreiro, o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Serodio (e demais membros da directiva e equipo técnico do club), e o director do centro das Ecravas da Virxe Dolorosa, Leví Olivares, xunto con mulleres usuarias do devandito centro.


Nesta xuntanza iniciouse un proxecto de colaboración entre a Unión Deportiva Mos e as mulleres das Escravas da Virxe Dolorosa. Dita colaboración comezará pola cesión de xeito gratuíto das instalacións e vestiarios do Campo de Fútbol das Baloutas en horario da mañá, momento no que non hai actividade do club mosense, para que poidan realizar os seus adestramentos do equipo de atletismo co que contan as Escravas.


Así mesmo, naceu do encontro desta semana o propósito de formación dun equipo feminino de Fútbol 7 integrado por mulleres das Escravas da Virxe Dolorosa, para o cal o primeiro paso será organizar un adestramento e posterior partido de toma de contacto coas xogadoras do U.D. Mos Feminino.


O director das Escravas, Leví Olivares, considera que no centro da institución en Petelos hai unhas 30 mulleres con capacidades para xogar ao fútbol e pola súa banda Christian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos, suxeriu a posibilidade de organizar un ou dous adestramentos semanais para que estas mulleres aprendan a técnica necesaria para xogar e se poida formar o equipo. Para todo isto é necesario previamente un estudo das aptitudes físicas, deportivas e futbolísticas destas mulleres, que esta mesma semana están xa a realizar probas cos seus fisioterapeutas e preparadores físicos do centro.


Tanto as mulleres das Escravas da Virxe Dolorosa como as xogadoras do U.D. Mos feminino participarán na programación municipal organizada con motivo do vindeiro 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e tamén están a traballar conxuntamente co Concello no Día da Muller que se celebrará o 8 de marzo de 2018.


O Plan Local de Integración constará, ademais de actividades deportivas coma esta, de iniciativas laborais e de ocio que integren e fomenten a convivencia de persoas discapacitadas con veciños con plenas capacidades, facilitando e promovendo a participación das primeiras en ditas actividades.


A idea é que o devandito plan se integre de: dende convenios con empresas para a realización de prácticas laborais de persoas con discapacidade en diferentes ámbitos como oficina, xardinería, limpeza, etc. Neste senso o Concello de Mos xa está a traballar en colaboración co Centro das Escravas da Virxe Dolorosa nun proxecto de voluntariado recíproco no que as usuarias das Escravas acompañan e axudan, ao tempo que se forman, aos/ás traballadores/as municipais da limpeza.


Por outra banda, entre as actividades de lecer poderán realizarse viaxes, festas, cine ao aire libre, cursos… pero sempre que sexan iniciativas integradoras nas que as persoas con discapacidade poidan convivir, interactuar e integrarse con outras con plenas capacidades de cara a conquerir a plena integración deste colectivo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados