Miércoles, 8 de agosto de 2012
galicia

Os Voluntarios de Protección Civil recibirán 340.000 euros en subvencións

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Pontevedra obterán 80.159.41 euros de subvención 37 concellos. A Mancomunidade de Val Miñor, Agolada, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cangas do Morrazo, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Estrada, Forcarei, Grove, Guarda, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Moraña, Mos, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Porriño, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

[Img #4543]A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinará 340.000 euros a subvencións para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil, segundo vén de publicar hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).


As asociacións beneficiarias das axudas tiñan que estar inscritas -ou ter solicitado a súa inscrición- no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil; ter dependencia dun concello ou mancomunidade destes; de ter recibido subvencións en anos anteriores, xustificado o seu investimento e liquidación; expresado o seu consentimento a facer públicos os datos referidos ás axudas recibidas; e non ter pendente o pagamento de ningunha débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma, entre outros requisitos.


Distribución das axudas por concellos

Os concellos que recibirán estas axudas son, na provincia da Coruña, Abegondo, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cerceda, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, Pobra de Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra e Zas. En total estes 58 concellos coruñeses recibirán 114.982,57 euros en concepto de axudas.


Pola súa banda, na provincia de Lugo serán 35 os municipios que reciban achegas por valor de 60.953,97 euros: Axuda Cidadá da Mariña Lucense, Baleira, Barreiros, Becerreá, Burela, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Foz, Guitiriz, Incio, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Ourol, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Sarria, Sober, Taboada, Valadouro, Vicedo,Vilalba e Viveiro.


En Ourense hai 53 localidades ás que están destinadas estas axudas: Mancomunidade de Navea-Bibei, Ribeiro, Allariz, Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Barco de Valdeorras, Beariz, Blancos, Bola, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Chandrexa da Queixa, Coles, Entrimo, Esgos, Gomesende, Gudiña, Larouco, Laza, Lobios, Maceda, Mezquita, Muíños, Ourense, Paderne de Allariz, Parada do Sil, Petín, Piñor, Porqueira, Ribadavia, Riós, Rúa, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Sarreaus, Toén, Trasmiras, Veiga, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia. A achega para estas entidades locais será de 83.904,03 euros.


Por último, en Pontevedra obterán 80.159.41 euros de subvención 37 concellos. A Mancomunidade de Val Miñor, Agolada, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cangas do Morrazo, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Estrada, Forcarei, Grove, Guarda, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Moraña, Mos, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Porriño, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.


Destino das axudas

As subvencións poderán ser investidas en equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipamentos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil; gastos ocasionados pola conservación e mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención; gastos de comunicación; pagamento de seguros; formación dos seus membros da Asociación, e equipamento e material informático.


Para a concesión destas axudas estudáronse unha serie de criterios de avaliación como son o número de mobilizacións con asistencia ás emerxencias, maior rateo voluntarios segundo a poboación do concello, a existencia de riscos especialmente graves no concello – de acordo co establecido no Platerga e demais plans de protección civil-; e o emprego da lingua galega en todas as actividades educativas de prevención e nas publicacións e informacións sobre medidas de autoprotección dirixidas á poboación en xeral.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados