Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de diciembre de 2017
TOMIÑO

Tomiño cambia o sistema de recollida do aceite de cociña usado

Guardar en Mis Noticias.

O ano pasado recolléronse máis de 1.300 litros desde produto, ademais de 218.000 quilos de vidro, 316 de pilas, 113 toneladas de envases e outras 126 de papel e cartón.

[Img #36758]

 

Tomiño  vén de renovar e ampliar os contedores de recollida de aceite colocados en distintos puntos da vila, colectores que empregan un novo sistema de reciclaxe no que o aceite se deposita en botellas de plástico reutilizadas e non de xeito directo.


Ata o de agora os tomiñeses e tomiñesas depositaban os aceites de cociña usados nun contedor a granel vertendo directamente o produto. Sen embargo, agora o aceite deixarase nos 10 contedores dispoñibles en recipientes de plástico o que non só garantirá que este material non se mesture con outros residuos senón que será máis limpo e cómodo para a cidadanía.


Dende o ano 2014 lévanse recollidos a través destes colectores máis de 3.850 litros de aceite, 1.300 deles o ano pasado. Con esta iniciativa o Concello de Tomiño espera animar á cidadanía a reciclar este tipo de produto.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados