O próximo Xoves día 9
de Agosto en Olala Pub de Tomiño a partir das 20.00 h.
celebrarase unha Cata de Viños Brancos de plantacións e parcelas
dos concellos de Tomiño e O Rosal, Este evento conta coa
colaboración da Asociacion Galega de Viticultura (AGV), as Adegas
Aldea de Abaixo S.A.T. , Viñedos Vilachan e Gaudila e as
Distribuidoras Disgobe de Vigo e GHA de Tomiño , “este é o
momento de ensinar ó consumidor que na subzoa do Rosal se fan viños
distintos como o Rosal que e unha mezcla de variedades autóctonas
de Caiño e Loureiro sen olvidar o Albariño” comentanos Jorge
Cardoso Mariño, Coordinador da AGV no Baixo Miño.
“Entendemos que debemos de demostrarlle a xente que non so existe o Albariño monovarietal, que no mercado temos algo distinto con outros matices e aromas” afirmaba o Coordinador da AGV.
A iniciativa levada a cabo polo xerente de Olala Pub Carlos, Alberto Gándara, quen afirma que “temos que ensinarlle a xente o producto que temos na zona e neste caso o viño é fundamental para toda economía que nos rodea, pero fundamentalmente ensinar a calidade que temos e que a xente deguste o noso”,
Este evento será conducido sumillier Nacho Costoya Campión de España 2010 no concurso de xefes de sala-metre realizado no I.F.E.M.A. de Madrid no que se catarán viños que toda a súa producción en viñedos do Baixo Miño dentro da D.O. Rias Baixas viños de uva Albariña, Loureira e Caiño,
Os viños a catar serán: GRAN NOVAS (Albariño); ALBANTA (Albariño); SEÑORIO DA TORRE (Rosal); ALTOS DE TORONA (Rosal) e GAUDILA 2009 (Albariño criado sobre lias).