Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 26 de noviembre de 2017
TOMIÑO

O patrimonio arqueolóxico da provincia ata o 10 de decembro no Mercado de Tomiño

Guardar en Mis Noticias.

A inauguración da exposición ‘Escenas da Prehistoria’, con 45 fotografías de Federico de la Peña, coincide coa estrea da nova faciana do mercado tras as últimas obras de mellora.

[Img #36937]

 

Un percorrido polas mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia de Pontevedra, como os labirintos circulares de Portaxes, no alto do Monte Tetón, na parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra. Isto é o que ofrece a exposición ‘Escenarios de Prehistoria’, unha mostra argallada a través de fotografías de Federico de la Peña posta en marcha pola Deputación de Pontevedra da que se poderá disfrutar no Mercado de Tomiño ata o vindeiro 10 de decembro.


Con esta exposición trátase de poñer en valor un dos bens patrimoniais máis relevantes da provincia de Pontevedra, como son os asentamentos prehistóricos de gran relevancia, dándoos a coñecer ao público. A través de 45 fotografías enmarcadas e paneis explicativos dos diferentes períodos, a mostra fai un percorrido pola historia a través “dalgúns dos restos máis destacados e espectaculares da provincia”, como resaltou o seu autor, divididos en catro grandes bloques temáticos: os asentamentos paleolíticos, os monumentos megalíticos, os petróglifos e os castros.


Entre as fotografías expostas figura o xacemento de Chan do Cereixo, localizado entre as parroquias de Donas e Pinzás, nos concellos de Gondomar e Tomiño, ou o de Portaxes, considerado a segunda combinación circular máis grande de Europa, formada por 18 círculos e cun diámetro de case 2,5 metros. Ao seu carón atópase a que é posiblemente o labirinto circular máis grande do continente europeo, de máis de 3 metros de diámetro, aínda que moi gastado polo paso do tempo e pouco visible.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados