O Presidente da Deputación Rafael Louzán calificou hoxe como “extraordinario e marabilloso” o acadado tras conquistar a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
O
presidente da Deputación de Pontevedra,
Rafael Louzán, cualificou hoxe como “éxito extraordinario e
marabilloso” o acadado polo deportista David Cal tras gañar a
medalla de prata na final C1 1.000 metros nos xogos olímpicos de
Londres 2012.
Para o titular da entidade provincial “este pontevedrés de Cangas do Morrazo forma parte da historia do olimpismo español” porque acaba de converténdose no atleta español máis laureado, con 5 medallas olímpicas acadadas en tres olimpíadas consecutivas, Atenas, Pekín e Londres.
“Un éxito extraordinario para o deporte pontevedrés, galego e español ó que tamén hai que sumar tamén a magnífica actuación do triatlela Javier Gómez Noya que alcanzou onte a medalla de prata desta modalidade deportiva”, aseverou Rafael Louzán.
“David Cal acaba de pasar á historia”, declarou Louzán “pero é xoven a aínda pode ter moito recorrido”. Neste senso, comentou que “a experiencia e o espírito de traballo e sacrificio pode darnos aínda máis ledicias de cara ás olimpiadas de Brasil”.
Finalmente, o titular da Deputación dedicou tamén unas palabras de felicitación ós familiares de David Cal, ós seus compañeiros do mundo do deporte, ós seus amigos, veciños e tamén moi especialmente ós seus seguidores.
O presidente da Deputación realizou estas declaracións despois de seguir en directo a proba deportiva na que participou Cal, na que estivo acompañado polas deputadas provinciais, Begoña Estévez, e Ana Isabel Vázquez, así como de compañeiros dos medios de comunicación de Pontevedra.
O palista canqués, que competía pola rúa 7 da final, tivo unha progresión case impensable nuns primeiros momentos. Avanzou de menos a máis ata asinar uns espectaculares 250 metros finais para colgarse a prata cun tempo de 3:48.053.