Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 26 de noviembre de 2017
NIGRÁN

Aberto o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal

Guardar en Mis Noticias.

Co fin de conciliar a vida laboral e familiar, desenvolverase do 22 de decembro ao 5 de xaneiro no Auditorio Municipal de Nigrán e terá un custe de 10 euros.

Ata o 11 de decembro oesta aberto o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro de 9:00 a 14:30 horas cun custe total de 10 €. “A finalidade é proporcionar aos cativos actividades de carácter educativo e lúdico facilitando ao mesmo tempo a conciliación da vida laboral e familiar”, explica o alcalde, Juan González.

 

O número de prazas ofertadas estará limitada a 60 para garantir así un correcto ratio de atención aos pequenos e poder desenrolala coa máxima calidade. Poderán solicitar a súa praza nenos nados entre 2005 e 2014 con preferencia para os empadroados en Nigrán ou non empadroados con pais traballadores no municipio ou cun negocio.  

 

Os formularios de inscrición poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, no CIM (antiga estación do tranvía en Panxón) ou da páxina web www.nigran.org e deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas ou na sede electrónica do Concello de Nigrán en calquera momento pero sempre dentro do prazo (sede.nigran.org). Para máis información poden obtela no teléfono 986383081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados