Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 25 de noviembre de 2017
NIGRÁN

'A outra cara de África' amosa a riqueza cultural do continente con máis de 200 pezas expostas

Guardar en Mis Noticias.

Máscaras, estatuas, telas, amuletos, instrumentos ou obxectos cotiás retratan a vida en África ata o 14 de decembro no Auditorio Municipal.

[Img #36945]

 

Nigrán ven de inaugurar a exposición 'A outra cara de África', comisariada por Ibrahima Niang e que permanecerá aberta ata o 14 de decembro no Auditorio Municipal. A mostra, dirixida prioritariamente a un público escolar ou entidades, reúne máis de 200 pezas representativas da vida e cultura deste continente, como instrumentos rituais, obxectos de culto, máscaras, utensilios domésticos, amuletos, xoguetes, etc. Os centros educativos, entidades culturais ou grupos dun mínimo de 10 persoas interesadas en realizar unha visita guiada de 60 minutos a cargo de Ibrahima Niang poden solicitalo directamente no Concello de Nigrán a través da Oficina de Información Cidadá. Ao  mesmo tempo, permanecerá aberta para todo o público de 10:00 a 13:30.

 

"Cremos que é unha oportunidade excelente para que todos aprendamos máis sobre a riqueza deste continente, pero especialmente os máis cativos", reflexiona o alcalde, Juan González. Pola súa banda, Ibrahima suliña que un dos obxectivos da exposición é divulgar os valores e riquezas de África e combatir ao mesmo tempo o racismo, a xenofobia ou calquera discriminación.

    

 

 

 

Os colexios ou entidades interesadas poden solicitar unha visita guiada a cargo do comisario da exposición, o mauritano Ibrahima Niang

 

 

 

 

En resumo, África, a gran descoñecida, móstrase á cidadanía para ofrecer a diversidade e a riqueza das súas culturas e a súa autenticidade, a través do achegamento respectuoso á súa artesanía, relixión, arte, etc., para descubrir unha sociedade con múltiples contrastes, para coñecer mellor a realidade dun pobo, reducir as distancias e compartir a esencia dunha cultura.

 

Ibrahima Niang, natural de Mauritania, é un coñecido representante da comunidade africana en Vigo, é fundador da asociación Aida (Asociación para la Integración del Africano) e adica boa parte da súa vida a axudar aos seus compatriotas en Galicia e a divulgar a cultura e patrimonio do seu continente.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados