Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xosé Antón Araúxo Rodríguez Concelleiro de Comercio e Turismo de Gondomar
Miércoles, 22 de noviembre de 2017
OPINIÓN

“PP-CABE e independentes poñen en risco a Guía Turística de Gondomar”

Guardar en Mis Noticias.

"Unha vez máis a entente contra natura CABE-PP  e independentes tenta atrapallar a execución de proxectos que dinamicen o noso concello.

 

Hai pouco cortaron totalmente o suministro orzamentario á áreas tan sensible como os servizós sociais, agora persisten na estratexia da destrucción. Pretenden que Áreas como Deportes ou Comercio e Turismo queden afogadas sen poder executar  os seus proxectos, Prefiren que os cartos queden no escuro pozo dos remanentes antes que dean vida e vaían destinados á cidadanía.

 

Concretamente isto aconteceu, outra vez, nun área fundamental como motor dinamizador da economía que é a de Turismo e Comercio, que leva anémica de orzamento, cos seus escuálidos 6800€ anuais, dende os tempos do PP( temos orzamentos prorrogados).

 

A pesares de que a tesouresía do  concello está en disposición de nutrir esta importante área de Turismo con 6835, 34€ para impresión dunha Guía de Turismo en tres idiomas, na que se resalta os grandes valores patrimoniais que temos, para poder proxectalos ao exterior… A pesares de que temos preparadas 35 rutas de sendeirismo que cada vez teñen máis adeptos entre os turistas do Val Miñor e compre imprimilas … a pesares de que todos os estudios de dinamización económica que temos no concello inciden na necesidade de potenciar os valores paisaxísticos, naturais e patrimoniais do concello de tal xeito que poidan ser visibilizados polos foráneos, e consigan atraer visitantes. A pesares de todos os pesares a estratexia da obstrucción, da destucción, da parálise cega, da irresponsabilidade, da sin razón corta a posibilidade de crecemento do noso concello, e particularmente do tecido comercial ou da hostelería que son os potenciais beneficiarios deste tipo de inciativas.

 

Pero o máis grave do caso, e que con esta cega estratexia están tamén arruinando a chegada de fondos de outras administracións. Concretamente a Concellería de Comercio e Turismo e Comercio, tiña conseguida unha subvención da Deputación de  Pontevedra de  16.393,73€. E dicir que  a Deputación correría co 70% dos gastos da guía. Coa decisión de PP-CABE-Independentes, podemos perder estes cartos e, por tanto, o proxecto turístico.

 

Por se non fose pouco o dano que causan, coa súa decisión tamén están estragando a posibilidade de acceder aos fondos europeos “Leader”, na que temos elaborado un proxecto  de 30.000€ que facilita a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida, ou doutras discapacidades, a enclaves singulares do noso patrimonio.  

 

Quizais do PP esperábamos esta estratexia destructiva, pero certamente era difícil imaxinar que ía atopar socios estables e consolidados en posicións política que se definen como antagónicas. A realidade demostra que lamentablemente coinciden e son o soporte das estratexias do PP con demasiada frecuencia. Na Área de Comercio e Turismo, sémella que teñen moita saudade das vellas políticas municipais que executaba o PP, mui próximas á “nada” e ao “conxunto vacío”. 

 

Por máis que o intenten impedir a dinamización destes sectores, vamos seguir traballando coa mesma ou maior ilusión, desenvolvento ideas, apoiando ao Turismo e ao Comercio. Sería mellor que houbesen máis brazos remando na mesma dirección, pero , de momento toca seguir avanzando con ataduras nos pes. Alá cada quen coa súa responsabilidade política e co seu compromiso con Gondomar".

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados