Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 29 de noviembre de 2017
PONTEAREAS

ACiP cualifica a actitude do Alcalde de "lamentable e antidemocratica"

Guardar en Mis Noticias.

O Portavoz Municipal Juan Carlos González Carrera denuncia o sucedido nas comisións celebradas o venres ás 9 da mañá.

[Img #36984]

 

ACIP denuncia que "o Alcalde ante uha nova convocatoria irregular realizada da celebración dunhas novas comisións informativas sen respectar os prazos que propia lei di segundo o ( ROF) Regulamento de Organización e funcionamento dos Concellos xa sabiendas da súa ilegalidade tento sacalos adiante xustificando a urxencia o cal na votación perdeu a mesma votando en contra os grupos municipais de ACiP, Partido Popular e EU pola convocatoria irregular o cal motivo unha reacción de capricho do Alcalde que ameazo que convocaría novamente un pleno extraordinaria para o vindeiro mércores ás 9 da mañá pasando totalmente do ditame das comisións informativas do pasado venres".

 

ACiP denuncia "unha actitude como mínimo chulesca e prepotente e ata poderiamos dicir de neno caprichoso que coa súa incapacidade de negociar cos grupos municipais e atoparse en minoría tira para adiante incumprindo a lei".

 

Advirten "que dita actitude non imos permitir pois con caprichos non se goberna e menos así malgastando o diñeiro dos nosos veciños convocando plenos extraordinarios por que lembrar que este mes entre plenos que van catro mais as comisións informativas o Concello leva gastado máis de 7.000 euros que ben se podria dedicar a outras necesidades máis prioritarias cando todo isto se podria celebrar un só pleno este mes".


"Dita situación vén derivada pola incapacidade de gobernar, as diferenzas existentes nos grupos que compoñen o goberno BNG, Psoe e Concelleiro Riada do Tea marca branca de Podemos neste Concello a súa única xestión de goberno está en vender fume pero xestión nula e volvendo hipotecar o Concello" asegura Juan Carlos González Carrera.

 

"Cabe lembrar que os pasados días convocaron un novo pleno extraordinario onde xustificaban o mesmo para propoñer a rebaixa dos impostos de vehículos e plusvalías modificación solicitada polo noso grupo ACiP en reiterados plenos e ante a publicación en Bop do pasado día 23 Xoves onde ten que estar exposto 30 días hábiles o mesmo non entrasen en vigor ditas rebaixas para o ano 2018 pois a publicación no BOP definitiva ten que ser antes de final de ano, co cal os nosos veciños pagaran  igual o próximo ano o cal é unha mentira mais deste goberno chamado de esquerdas que o seu único propósito é renovar e gastar descontroladamente isto ven todo derivado da improvisación en non facer as cousas a tempo e malgastar os cartos públicos" explican.

 

Desde ACiP adverten ao Alcalde novamente "que non imos ser cómplices destas prácticas que como mínimo son irregulares querendo tomar acordos sen respectar os prazos con informes contraditorios e os mais grave creando discrepancias entre os traballadores Municipais pois este goberno está a dar gratificacións discriminadamente aos afíns a eles nalgúns caos de máis de 300 euros ao mes e sen xustificación creando un
clima inaceptables dentro dunha administración e máis cos demais traballadores".

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados