Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 25 de noviembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

'Contra a violencia non teñas paciencia' gañador do Concurso de Slogans Contra a Violencia de Xénero

Guardar en Mis Noticias.

[Img #36996]

 

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño entregou os premios  do Concurso de Slogans Contra a Violencia de Xénero, que organiza en colaboración co IES, e no que participaron mais de 200 nenos e nenas. Deste concurso saíu o slogan  gañador co que se  elaborarou os marcadores de páxina, co se fará unha campaña de concienciación, enfocada en gran medida a poboación máis nova do municipio e co que se busca mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.

 

Ademais este ano o municipio adheriuse a campaña “En negro contra a violencia” para intentar visibilizar aínda máis esta repulsa e dar tamén a opción a todos/as os/as que quixeran  a que se sumaran, poñendo carteis nos comercios, vestindo os escaparates en negro, pondo panos negros nos balcóns...., en xeral mostrando a súa repulsa a estes actos.

 

Co lema do ano pasado, a “Liberdade non ten propiedade” elaborouse tamén este ano unhas pulseiras que simbolizan o rechazo a esta lacra social e que foron repartidas entre todos os asistentes ao acto.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados