Destínanse 105 mil euros de fondos propios a este plan. En breve serán contratados tamén dous auxiliares administrativos
Nove persoas comezaron hoxe a traballar no Concello de Tui ao abeiro do Plan de Emprego Municipal. Trátase de seis peóns e tres oficiais de segunda que hoxe asinaron os seus contratos logo de superar as pertinentes probas de seleccións nos últimos días.
A este nove traballadores sumaranse dous auxiliares administrativos que teñen que pasar previamente as probas de selección que se farán a próxima semana. En conxunto o Concello de Tui destina a este Plan de Emprego 105 mil euros de fondos propios cos que facilita durante seis meses a incorporación de once persoas ao mercado laboral.