Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 25 de noviembre de 2017
PONTEAREAS

Alumnas e alumnos do obradoiro de emprego dín non á Violencia de Xénero

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37012]

 

A Concelleira de Igualdade e Benestar Social, Verónica Carrera, visitou esta semana ao alumnado dos obradoiros de emprego que se desenvolven no Centro de Desenvolvemento Local para felicitalos polos traballos realizados con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.


Coordinados polas e polos docentes dos dous módulos (albanelería e sociosanitario) e pola directora do obradoiro de emprego, o alumnado realizou diferentes actividades que permitiron reflexionar sobre a violencia de xénero.


A primeira hora da mañá cada alumno/a redactou un suposto de violencia de xénero aportando ao remate a solución a ese caso en concreto. Cada alumno expuso a súa historia e logo procederon á votación da historia premiada. A gañadora recibíu o libro “Por que los hombres no escuchan y las mujeres no entienden los mapas” de Allan.


A continuación o alumnado do módulo de sociosanitaria proxectou un power point convidando á reflexión e a denuncia dos casos de maltrato. Tamén houbo lugar para un intenso debate no que participaron os vinteseis membros do obradoiro (alumnado e equipo técnico).


O broche de ouro púxoo un exquisito biscoito adornado con crespóns laranxas que conmemoran o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.


A Concelleira de Igualdade felicitou ao equipo de docentes, á directora e ao alumnado polas actividades realizadas e destacou a importancia de involucrar a toda a sociedade na concienciación da igualdade.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados