Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 27 de noviembre de 2017
GALICIA

Galicia liderará un proxecto para mellorar a conservación das especies migratorias no río Miño

Guardar en Mis Noticias.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, inaugurou a xornada de presentación do proxecto Migramiño-Minho para a posta en marcha de medidas que garantan a preservación destas especies e das canles fluviais.

[Img #37029]

 

A Xunta de Galicia liderará o proxecto de cooperación para mellorar o estado de conservación das especies migratorias no Miño mediante o reforzo das poboacións e o incremento da súa mobilidade. Así o anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na presentación do proxecto INTERREG V España-Portugal Migramiño-Minho para a posta en marcha de medidas que garantan a preservación das canles fluviais e de especies como o salmón, a anguía, o reo, o sábalo, a saboga e a lamprea mariña ante a súa redución progresiva.

 

Trátase, segundo indicou a responsable do departamento autonómico, dun proxecto de conservación no Miño centrado nos peixes migradores, que se desenvolverá dende o encoro de Frieiras ata a desembocadura do río, case dous quilómetros. Unha iniciativa baseada en tres eixos de acción como son facilitar a mobilidade das especies mediante a eliminación de obstáculos nas canles e a instalación de dispositivos innovadores de franqueo; o reforzo das poboacións a través da traslocacións e da creación dos stocks reprodutores; e a redución da presión humana fomentando o aproveitamento sostible das especies e a recuperación medioambiental das marxes da ribeira.

 

En relación á mellora da mobilidade, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sinalou que, tras os estudos correspondentes, en setembro de 2018 poderanse eliminar e permeabilizar oito obstáculos presentes nas canles fluviais, que, no caso de Galicia, centraranse nas dos ríos Deva, Caselas, Furnia e Pego.

 

 

 

 

Indicou que a actuación realizarase en base e tres eixos, que son a eliminación de obstáculos e instalación de franqueos, o aproveitamento sostible das distintas especies e a creación de stock reprodutor

 

 

 

 

Sobre o reforzo das poboacións das especies migratorias, Beatriz Mato indicou que “actuaremos para mellorar o estado de conservacións das especies emblemáticas na conca, como son o salmón e a anguía” e, para iso, realizarase unha traslocación de exemplares xuvenís de anguía, isto é, o traslado destas especies a localizacións augas abaixo co fin de atopar as condicións idóneas para o seu desenvolvemento. En concreto, serán transportados desde o encoro de Frieira 2.600 quilos de anguía, o que equivale a 1,2 millóns de exemplares.

 

Con respecto ao salmón, tratarase de crear stock reprodutor, que, unha vez reproducidos, serán liberados en afluentes do tramo internacional do Miño. Por medio deste actuación, poderanse soltar preto de 40.000 exemplares xuvenís de salmón.  Ademais, segundo explicou Beatriz Mato, “farase unha pequena proba piloto co sábalo co fin de comprobar se é idónea ou non a súa cría en catividade”.

 

A titular de Medio Ambiente detallou, tamén, medidas para reducir a presión de orixe humana encamiñadas á recuperación medioambiental das marxes con estudos e inventarios de puntos sensibles das redes de saneamento, así como o establecemento de normas de pesca comúns que promovan o aproveitamento sostible das especies e a intervención sobre 5 hectáreas de vexetación ripícola deterioradas pola acción humana.

 

 

 

 

Asegurou que este proxecto, cun orzamento de 2,1 millóns de euros, será de gran alcance, pois beneficiará, en primeiro lugar, ao medio natural e aos organismos de xestión de conca, pescadores profesionais e deportivos e poboación local

 

 

 

 

Orzamento
En definitiva, Beatriz Mato salientou a necesidade dunha actuación “conxunta e coordinada” a ambos os dous lados da fronteira, que se fará efectiva a través deste proxecto cuxo orzamento ascende a 2,1 millóns de euros, dos cales a Consellería de Medio Ambiente achega 600.000 euros. Neste senso, a titular do departamento autonómico asegurou que se trata dun proxecto de “gran alcance”, que beneficiará, en primeiro lugar, ao medio natural e aos organismos de conca, aos pescadores profesionais e deportivos e á poboación local.

 

Cómpre destacar que neste proxecto participarán, pola parte galega, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Universidade de Santiago e, pola parte portuguesa, o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas, a Administração da Região Hidrográfica do Norte, o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental e a Cámara Municipal de Vilanova da Cerveira.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados