Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 30 de noviembre de 2017
PONTEAREAS

"A música é indispensable, rodéanos como o aire"

Guardar en Mis Noticias.

A BMXX homenaxeará no Concerto de Santa Icía ó mestre e compositor Jose Luís Represas.

[Img #37047]

 

O Auditorio do Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), acolle este sábado 2 de decembro, un concerto dedicado ó mestre e compositor nado en Xinzo Jose Luís Represas Carrera, con motivo da celebración da patroa dos músicos: Santa Icía.

 

En dito concerto, que contará coa presenza do homenaxeado, interpretarase repertorio composto integramente por este. Ademáis, como cada ano nesta festividade, farase a presentación oficial dos novos músicos da banda, na súa maioría alumnos da Escola de Música que acadan o nivel esixido.

 

Dende a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, queren convidar á asistencia a este singular concerto.

 

A BMXX fala co mestre e compositor Jose Luís Represas:

 

BMXX: ¿Qué é para vostede a música?

JLRC: Sobre todo un acto social. Aparte dunha actividade artística. Precisase un creador, pero é indispensable un grupo (orquestra, banda, grupo de cámara, solista...)para interpretar, para darlle vida, para que xurda a maxia estética, as emocións, o entretemento... Este aspecto é moi importante, un dramaturgo necesita unha compañía de teatro, pero un pintor ou un novelista só precisa creador e un lector ou un observador. Na música precísase un equipo executante, uns obreiros como para o arquitecto. E o máis importante: un auditorio, un pobo, destinatarios finais do creador e do equipo de executantes. Por todo isto, para min, a música e un dos actos sociais máis relevantes.

 

BMXX: ¿Considera que a música é importante?¿por qué?

JLRC: Polo dito anteriormente, polo feito social, a música é indispensable. Non vital, como o osixeno ou a auga, pero si indispensable. Unha vez asegurada a vida física, precisase encher de actividade razonada, psiquica, de creación. A música acompáñanos durante toda a actividade vital. Temos músicas dende o nacemento ata a morte. A música acompaña celebracións e actividades comerciais. Rodeanos como o aire.

 

BMXX: ¿Como foi o seu primeiro contacto coa música, qué foi o que lle alentou a sumerxirse neste mundo e continuar unha carreira musical?

JLRC: Dende neno, na casa, no entorno familiar e social, e academicamente na obra humana da BMXX. Nunha sociedade tan dispersa como a galega, onde máis da metade das poboacións de España están en Galicia, son precisos eses puntos de encontro sociais, formativos e culturais que son as bandas de música, institucións de primeiro orde e insustituibles. ¿Cantos profesionais da música en Galicia sairon das academias das bandas? A inmensa maioria.

 

BMXX: ¿Qué recomendaría ós xoves que queren dedicarse á música?

JLRC: Non todos os que se apuntan a un equipo de fútbol xogaran a Champions, non todos os que pretenden estudiar música serán solistas na filarmónica de Berlin. Pero todos os que fan deporte ou unha actividade artística van a topar beneficios cultural, humana e socialmente. E por suposto a sociedade e seu conxunto atopará beneficios de esa formación persoal. Todos para todos.

 

BMXX: ¿Cales son os ingredientes das súas composicións?

JLRC: A miña música ten unha intención universal dende a particularidade da nosa cultura galega. Na miña opinión particular, hoxe en día non ten razón de ser nin mérito compor unha sinfonía ó estilo de Beethoven, nin que eu dirixa de convidado en Alemanía ou Holanda ou USA repertorios composto nesas culturas. Non sería orixinal nin aportaría seguramente nada novo, e seguramente non o faría millor que eles.

 

Se levamos música autentica, música singular e recoñecida dunha zona xeográfica e cultural ben marcada, pode ser máis interesante. Incluso máis comercial. Por iso procuro ir do particular o universal.

 

Os galegos temos un folklore moi importante e recoñecido, é parte importante da nosa cultura, e ca única intención de ofrecer o noso o resto do mundo, nas miñas composicións os ingredientes máis importantes e o noso son, o noso folklore, os nos ritmos, a nosa esencia.

 

BMXX: Xinzo e a música

JLRC: Os veciños da parroquia durante moitas xeracións veñen mostrando unha actividade social, cultural e mercantil moi intensa. Temos un número importante de poboación, maior que moitos concellos, unha situación xeográfica privilexiada e unha actitude emprendedora que fan da nosa parroquia un modelo a seguir.

 

No enorme rexurdir das bandas populares en Galicia durante a democracia, Xinzo foi pionera. Homes e mulleres con inquedanzas de facer cada vez mellor a parroquia iniciaron e recuperaron unha institución como a nosa banda hai xa máis de 40 anos. Detrás naceron bandas en outros lugares, centos de agrupacións, pero foron Xinzo e Taragoña, concello de Rianxo, as primeiras en renacer esta primaveira cultural e social que son as bandas en Galicia. Nun territorio tan disperso e singular. En torno á música sempre hai vida e pobo. Entendemento e punto de encontro.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados