Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 29 de noviembre de 2017
GONDOMAR

A Policía Local de Gondomar denuncia a dous conductores que deron positivo en alcohol

Guardar en Mis Noticias.

 Axentes da Policía Local de Gondomar denunciaron na tarde do domingo día 26 a un condutor de 50 anos de idade, veciño de Mos, logo deproducirse un accidente de circulación no centro urbano da vila con resultado de dous persoas feridas que tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Comprobado o seu estado de intoxicación etílica, duplicaba o regulamentariamente permitido, polo que redactouse a correspondente denuncia administrativa.


                                
Ao día seguinte, na tarde do luns 27, outra patrulla da Policía Local, interviña noutro accidente de circulación na R/ Elduayen con consecuencia de desperfectos materiais entre un turismo e unha furgoneta. Resultando que o condutor do turismo de 66 anos de idade, veciño de Gondomar, superaba en máis de catro veces a taxa de alcohol regulamentariamente establecida; por tal motivo, ao rebasar o límite establecido no Código Penal, tramitáronse dilixencias ao xulgado de garda de Vigo para a súa sanción por vía penal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados