Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de diciembre de 2017
DEPORTES

Aberta a inscrición no Torneo de Nadal do Club Xadrez Mos

Guardar en Mis Noticias.

A competición celebrarase en xaneiro no Centro Dotacional de Torroso.

[Img #37066]O Club Xadrez Mos organiza os próximos días 13 e 14 de xaneiro do vindeiro ano 2018 no Centro Dotacional de Torroso a 4º edición do Torneo de Nadal. Trátase dun torneo válido para Ránking Internacional de Xadrez Lento. A inscrición é aberta a todo xogador/a federado/a e ten un custo de 5 euros. Hai un límite de inscrición de 100 xogadores/as e a data límite para inscribirse é o mércores 10 de xaneiro.


O obxectivo desta competición é iniciar a tempada cun torneo de bo nivel no Club, para que os mozos e mozas xogadores/as integrantes do mesmo poidan chegar ao comezo de tempada o máis forte posibles, e así tratar de afrontar o ano 2018 coa maior ambición posible.


A inscrición no IV Torneo de Xadrez de Nadal Concello de Mos pódese formalizar a través do correo clubxadrezmos@gmail.com ou do teléfono 618 873 541.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados