Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de diciembre de 2017
SALVATERRA DE MIÑO

A Efa A Cancela será a encargada do showcoocking na Festa do Viño espumoso

Guardar en Mis Noticias.

Cinco pratos cun ingrediente en común, o Viño Espumoso.

[Img #37075]

 

O Ciclo de  Hostelería,  do Centro de Formación Profesional A Cancela de As Neves, será o encargado, nesta cuarta edición da Festa do Viño Espumoso, da realización dun dos eixos  máis relevantes da festa, o showcoocking, que terá lugar o sábado  2 de decembro ás 18.00h, e onde os alumnos e alumnas do Centro elaborarán cinco pratos, cun ingrediente sempre en común, o Viño Espumoso.

 

Os alumnos levan semanas traballando e facendo probas, baixo as directrices das súas profesoras Fátima Estévez e Esther Juan, que nos presentarán cinco pratos que nos sorprenderán, en principio tres salgados e dous doces, e onde se aplicará a fusión entre os diferentes ingredientes e o espumoso, unha viaxe de sabores internacionais, mostrando a versatilidade dos produtos locais e a creatividade do alumnado.

 

Ambas profesoras acudirán con 5 ou 6 alumnos ao Showcooking, eles serán os protagonistas, serán os que cociñen e expliquen os seus pratos, nunha oportunidade de abrir ao público os coñecementos adquiridos na súa formación, dunha maneira moi especial, promocionando os produtos autóctonos, da súa terra, ademais de ser unha experiencia inmellorable para adquirir experiencia ante o público.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados