Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 3 de diciembre de 2017
NIGRÁN

O Concello de Nigrán axardina as dúas rotondas de entrada á parroquia de Panxón

Guardar en Mis Noticias.

Un gran magnolio preside a situada na Avenida Castelao, aproveitando estas datas para decoralo como árbore de Nadal.

[Img #37120]

 

O Concello de Nigrán remataba esta semana o axardinamento da rotonda de Panxón situada na Avenida Castelao, que se suma á ornamentada meses atrás na Estrada Pola Vía, tamén no acceso a esta parroquia. Ámbalas dúas permanecían sen ningún tipo de arreglo pese a estar situadas en dous puntos neurálxicos do municipio, especialmente nos meses de verán, cando se desprazan cara as praias milleiros de bañistas.

 

"É unha actuación sinxela pero que revirte directamente na imaxe que proxectamos como municipio", valora o alcalde, Juan González.

 

Así, operarios municipais e da empresa Brocoli, adxudicataria do mantemento de zonas verdes do Concello, axardinan dende esta semana a situada na Avenida Castelao, de 10 metros de diámetro. Un gran magnolio de 8 metros de altura e forma piramidal preside xa esta rotonda flanqueada a súa vez por dez grandes setos de buxo. A superficie será cuberta por céspede e se incluirá iluminación ornamental, aínda que aproveitando o Nadal as protagonistas serán as luces decorativas que se instalarán estas datas no magnolio.

 

A actuación se completa co axardinamente realizado meses atrás na situada en Estrada pola Vía, de 8 metros de diámetros e que tamén permanecía simplemente en formigón impreso. Esta foi axardinada con céspede e un gran cedro pendular de tres brazos, ademáis de dotárselle de iluminación ornamental.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados