Jueves, 9 de agosto de 2012
provincia

Rías Baixas acolle a presentación da 46 edición da Feira do Xamón da Cañiza

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, e o alcalde de A Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, presentaron hoxe a Feira do Xamón de A Cañiza xunto coa persoa encargada de elaborar as racións, Jesús María Puga Sendín.


O evento gastronómico terá lugar o vindeiro 15 de agosto a partir das 11.00 horas na Carballeira do Cacharado, onde se poderán desgustar da orde de 2.000 quilos de xamón elaborados en distintas receitas: ó natural, asado, en tortilla, en empanada, etc.


A Feira do Xamón” de A Cañiza, vense celebrando ininterrompidamente dende o ano año 1966 e xa é un referente nas celebracións gastronómicas da nosa provincia.


Segundo informou o alcalde, o Concello de A Cañiza farase cargo da organización exclusiva da Xornada de Degustación pero este ano, dixo Domínguez, “debido á crise económica que estamos a padecer, será a Asociación de Hostaleiros e Produtores de Xamón da Cañiza, impulsada dende o Concello, quen se vai a encargar de organizar a parte lúdica con distintos actos, actividades e verbenas”.


Pola súa banda, a deputada provincial, Ana Vázquez, puxo de relevo que a Deputación a través de Turismo Rías Baixas “leva máis de 25 anos apoiando o turismo e promocionando a nosa nosa provincia”, e afirmou “como non podía ser doutro xeito, “hoxe non podíamos faltar a esta cita co Concello de A Cañiza e a Feira do Xamón, un produto típico e san e exquisito”. Vázquez convidou a todo o mundo a que non deixe de participar neste evento e a que se acheguen a ta A Cañiza “porque ademais de descubrir un magnífico xamón tamén descubrirán un pobo fantástico, e unha paisaxe marabillosa”.



Petán acollerá a maior explotación de porco celta de Galicia


O alcalde de A Cañiza informou, por outra parte, que nestes intres se está impulsando no municipio a que será a maior explotación do mundo de porco celta, a mais grande de Galicia, con capacidade para 4.500 porcos. O rexedor espera que nun prazo de dous anos esta explotación, situada na parroquia de Petán, funcione a pleno rendemento.


Durante os actos, os visitantes poderán visitar varios stands promocionais. O do propio concello, outro do Porco Celta, e un stand do Viño de Rubiós de As Neves. Neste senso, o alcalde de A Cañiza explicou que se trata dunha colaboración entre ambos municipios A Cañiza e As Neves para promocionarse de forma conxunta nos distintos eventos que se organicen.


A festa tense convertido nun verdadeiro motor de dinamización e promoción turística do concello, da súa gastronomía e da súa paisaxe. É unha referencia obrigada para os amantes do bo comer, ademais dunha feliz iniciativa para promocionar A Cañiza, fixar poboación no rural, difundir os seus recursos e atractivos.

A Cañiza conta cun microclima frío e seco, especialmente adecuado para o curado dos produtos cárnicos. Isto unido ós 600 m. de altitude, o grado de humidade e a profesionalidade e bo facer dos empresarios do ramo, fixo que en A Cañiza, dende sempre, o xamón alcance un nivel de curación de excepción e sen competencia na comarca.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados