Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de diciembre de 2017
GONDOMAR

Curso de soporte vital básico e desfibrilazión externa semiautomática (DESA)

Guardar en Mis Noticias.

Organizado polo Concello de Gondomar, nas dependencias da Policía Local realizase durante esta semana un curso de soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática (DESA), coa colaboración de EUROCARDIO impartido por Saturno Ferreira Couñago; instrutor en técnicas de resucitación cardio-pulmonar e DESA, técnico de emerxencias sanitarias cunha contrastada experiencia no servizo público.


Este curso intégrase no proxecto formativo da Xefatura de Policía Local e está destinado aos membros das forzas e corpos de seguridade da Policía Local, Garda Civil e axentes medioambientais, así como aos funcionarios municipais responsables das instalacións que posúen equipos DESA.


O curso habilita a estes profesionais da seguridade, -os primeiros en chegar ao lugar dos sinistros-, no uso destes dispositivos computarizados que poden salvar a vida a vítimas de un paro cardíaco súbito. Ademais estes funcionarios/as recíclanse en técnicas de recoñecemento de vítimas, cadea de supervivencia, obstrución da vía aérea e reanimación cardio-pulmonar RCP.


De tal xeito, que os corpos de seguridade nos seus servizos diarios poidan ofrecer un plus de asistencia e socorro á cidadanía ante estas emerxencias previo á chegada dos servizos sanitarios.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados