Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 2 de diciembre de 2017
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra liderará a xestión da “ruta dos fenicios” na fachada atlántica

Guardar en Mis Noticias.

Ibiza acollía esta semana a constitución da asociación española “La ruta de los fenicios” onde o único representante galego e a Deputación provincial.

[Img #37184]

 

A Deputación de Pontevedra vai a liderar “A ruta dos fenicios” na fachada atlántica do noso país tal e como foi solicitado pola nova asociación  española “La ruta de los fenicios” que se constituía esrte pasado xoves formalmente nun encontro na localidade de Ibiza, na que participaron distintas administracións públicas e  entidades culturais, entre outras entidades.

 

En concreto, a Deputación de Pontevedra vai a ser a encargada de promocionar e consolidar a ruta denominada das “Kasitéridas”, camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.

 

Precisamente a presidenta da Deputación de Pontevedra,  Carmela Silva, destacou que  a institución se integra neste Itinerario Cultural ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos precisamente como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e  Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos Fenicios nas nosas costas.

 

A Presidenta indicou que o Arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, que é o Director do Protocolo do Castros, “presentará todo o traballo que estamos a facer desde a Deputación nos xacementos onde se documentaron pezas arqueolóxicas de procedencia mediterránea ou elementos claramente vinculados co mundo púnico. Falará dos achados que están no Centro de Interpretación da Guarda e no Laboratorio de Liñares, con referencias as nosas liñas de traballo e todas aquelas actividades de divulgación”.

 

A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa. Este itinerario, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes, é considerado como o Itinerario da Interculturalidad mediterránea. A proposta xorde do goberno italiano en 1994. Dez anos máis tarde, constituíuse a asociación “A Ruta dos Fenicios”. Aínda que en España non funcionaba como entidade propia senón dun xeito individual, sobre todo, no levante e Andalucía.

 

A Ruta dos Fenicios é a conexión das grandes rutas marítimas utilizadas polos fenicios desde o século XII aC., como o principal medio de comunicación comercial e cultural no Mediterráneo. A través destas rutas, os fenicios, navegantes e expertos comerciantes, deron orixe a unha gran civilización que se asentou a través da súa expansión en Occidente, para o desenvolvemento de intercambios de produtos manufacturados, de persoas e ideas, e para a creación dunha ' koiné' (comunidad) cultual mediterránea e difusión da mesma.

 

Con respecto ás Kasitéridas a hipótese máis aceptada, é que as famosas Illas do Estaño ó Kasitérides correspóndense co arquipélago de Scilly no Reino Unido. De ser así, podería afirmarse que o navegante cartaxinés Himilcón alcanzou as costas de Britania desde Gadir (Cádiz). Con todo, non é esta a única posibilidade que se barallou ao longo da historia.

 

José Cornide, no século XVIII, facendo referencias a escritos de Estrabón subliña no seu escrito máis crítico que  “As Kasitéridas, ou Illas do Estaño, restituídas aos mares de Galicia”, na que defende que as citadas illas pertenceron a España e estaban situadas ou ben enfronte das costas galegas (e acharíanse cubertas polo mar na actualidade) ó ben serían as mesmas rías e as illas próximas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados