Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de diciembre de 2017
PROVINCIA

A Xunta presenta ao sector turístico o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Illas Atlánticas

Guardar en Mis Noticias.

A directora xeral de Patrimonio Natural, acompañada pola directora de Turismo de Galicia mantiveron un encontro esta tarde na Delegación territorial de Vigo.

[Img #37201]

 

A Xunta de Galicia presentaba a semana pasada aos representantes do sector turístico o contido do documento de inicio do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

 

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, celebraron unha reunión para informarlles do contido do documento de inicio, presentar as principais novidades do documento, e invitalos a facer achegas e suxestións a este documento, para elaborar o Plan reitor que se tramitará como decreto coas súas correspondentes fases.

 

Recordou que o PRUX será a folla de ruta na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados