Viernes, 10 de agosto de 2012
únete a volta

Concertos en Vigo, Baiona e Vilagarcía para quentar os motores da Volta Ciclista a España

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

[Img #4575]O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e a deputada provincial, Begoña Estévez, presentaron hoxe a programación de concertos que se vai a desenvolver en Vigo, Baiona e Vilagarcía como actividades complementarias á 67 edición da Volta Ciclista a España que pasará pola provincia de Pontevedra os días 28, 29 e 30 de agosto. Esta actividade estará aberta a todos os cidadáns e será gratuíta.


A Deputación en colaboración coa empresa organizadora da Volta está a impulsar diversas iniciativas encamiñadas a involucrar os distintos sectores da cidadanía neste evento deportivo que ten unha repercusión internacional.


Así, “se nos últimos meses se desenvolveron as rutas cicloturísticas “Únete á Volta” a través da cal quixemos implicar ás familias, e posteriormente a iniciativa “Pola miña Vila pasa a Volta” para promover a participación do sector comercial, hoxe presentamos unha serie de concertos e actividades culturais coa que queremos facer partícipe á mocidade”.


“Tendo en conta a magnífica oportunidade de promoción que este evento supón” afirmaron Louzán e Estévez “desde os servizos Turismo Rías Baixas e Deportes da institución provincial estanse aunando esforzos para amosar a mellor imaxe da nosa provincia ó mundo a través da emisión que este evento terá en máis de 180 cadeas de televisión de todo o mundo”.



CONCERTOS PROGRAMADOS


  • Xoves, día 24 ás h. – CONCERTO– Xoel López – Museo del Mar - Vigo – Entrada gratuíta.


  • Sábado, día 25 ás 20:45 h. – CONCERTO “MÚSICA NA VOLTA” (We are estándar, Carmen Jones, Dirty Socks, Iván DJ)- Plaza. da Palma en Baiona. Entrada gratuíta.


  • Mércoles, día 29 ás 20:45 h. - CONCERTO “MÚSICA NA VOLTA” (El columpio asesino, Eladio y los seres queridos, Moon Cresta, Amable DJ, Ivan DJ)– parque da Xunqueira de Vilagarcía– Entrada gratuíta.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados