Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 10 de diciembre de 2017
AS NEVES

V Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

Guardar en Mis Noticias.

Presentouse no Concello a 5a edición desta carreira solidaria.

[Img #37275]

 

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron quinta edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.

 

Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés.

 

Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes Oscar González estiveron corredores e gañadores da edición de 2016, o gañador absoluto Óscar Bernárdez Carballo, o gañador local Juan Ramón Lira Fernández, a gañadora local Ana Isabel Domínguez Álvarez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados