Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de diciembre de 2017
DEPORTES

Velocidade, intenso frío e area na visita da copa de Galicia de ciclocross o concello lucense de Viveiro

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37286]

 

Os integrantes da Asociación Deportiva Avanza de O Porriño desprazáronse os preto de 300Km que separan O Porriño do concello de Viveiro para afrontar a oitava proba puntuable da Copa Galicia de Ciclocross. Onde a Peña ciclista Gráficas Lar organizaba unha das probas mais rápidas da Copa Galicia  de Ciclocross o ser unha proba practicamente cha que obrigou os ciclistas rodar a gran velocidade en moitos puntos do circuíto, que transcorría en cas toda a súa totalidade no recinto do Parque Pernas Peón e na que os areais da praia de Covas foron tamén unha parte do espetacúlo da proba.

 

Unha vez mais na categoría de promocións os ciclistas de categoría infantil da A.D. Avanza coparon os primeiros postos xa que Andrés Valverde cruzaba o arco de meta en 2º posición seguido de Hugo Martínez 3º ,  Iker Otero 4º e Uxía Soto en 5ºposición sendo a 1ª fémina en completar o circuíto.

 

Na categoría cadetes Xoel Montes que chegaba a Viveiro na cuarta posición do rankin da copa Galicia,  mantivo os seus compañeiros en vilo no transcurso da proba o liderar as dúas primeiras voltas quedando rezagado acuarta posición despois de varios atrancos que non mermaron as súas forzas conseguindo rematar en terceira posición, os seus comparnñeiros de categoría David Fernández  décimo do ranking entraba na sétima posición e Sergio Lorenzo conseguía rematar 10º.

 

Na categoría Junior Jose Ramón “Chechu” e Óscar Fernández situados na  6ª e  9ª posición do ranking da Copa Galicia asinaban un bo papel o conseguir rematar chechu en sétima posición e Óscar Fernández na oitava posición.

 

Na categoría Elite-Sub 23 o público presente na proba puido disfrutar do gran espectáculo que lles brindaron dous dos mellores ciclistas galegos do momento Iván Feijoo  do Club ciclista Maceda e Samuel González do Club Ciclista Salvaterra, ambos veñen participando en probas nacionais e internacionais e deixando constancia no concello lucense de Viveiro de que son os mellores ciclistas galegos do momento. Onde Luis Fernández “Oli”que chegaba a Viveiro situado na sétima posición do Ranking conseguía cruzar o arco de meta meta 7º.

 

Os ciclistas da asociación Deportiva Avanza regresan de Viveiro mentalizándose xa da seguinte cita que chega en escasos días, xa que a primeira semana de decembro ven plagada de citas, comezaron viveiro o pasado día 3, concello de Boiro día 6, concello Pontevedra día 8  e proba local que organiza a A.D. Avanza o vindeiro domingo 10 de Decembro, onde o Velódromo municipal de O Porriño será o escenario do  I TROFEO CICLOCROSS AVANZA CONCELLO DO PORRIÑO.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados