Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 5 de diciembre de 2017
SALCEDA DE CASELAS

Davila asegura que a Xunta fixo máis en dous meses que o alcalde en 10 anos

Guardar en Mis Noticias.

"Besada ocultou ós veciños os erros que cometeu na tramitación do procedemento" asegura dende a oposición.

[Img #37289]

 

No día de onte, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña achegábasea Salceda para visitar, xunto ós/ás veciños/as e Corporación Municipal os terreos nos que se construirá o novo Centro de Saúde e para presentar o proxecto do mesmo. Alí, un veciño preguntou ó Conselleiro cál era o motivo polo que o Centro de Saúde non se construira todavía. Almuíña, pola súa parte, confirmou o que os Populares de Salceda de Caselas veñen repetindo nos últimos anos: "a tramitación urbanística por parte do Goberno Municipal foi o que imposibilitou que a Xunta puidese facer antes o Centro de Saúde".

 

“Os populares non chegamos a comprender cómo o Alcalde pode seguir alongando esta gran mentira, cando os documentos oficiais e as declaracións do Conselleiro desminten por completo o seu discurso: O solo no que se construirá o Centro de Saúde non era urbanizable e o Concello non tiña a plena propiedade sobre o mesmo, poir iso, antes da cesión foi preciso un proxecto de reparcelación.Tras esta reparcelación, os datos rexistrais da finca mudaron (novo número de tomo 1292, libro 130, folio 127, etc). O Alcalde, en vez de inscribir no Rexistro da Propiedade de Tui a parcela cos novos datos, decide non facelo e no Convenio asinado coa Xunta de Galicia, aporta a documentación sen modificar, é dicir, os datos rexistrais da finca previos á reparcelación (co número de tomo 1227, libro 125 e folla 119) e non os actuais (2016). O notario decatouse deste erro e paralizou a tramitación. A cesión non se puido levar a cabo ata outubro deste ano 2017, e dicir, fai xusto hoxe dous meses, cando o Alcalde solventou todos os problemas despois de varios requerimentos por parte da Xunta de Galicia” explica Davila.

 

 

 

 

O Conselleiro culpa ó Goberno Municipal "é o único responsable de que o Centro de Saúde non sexa unha realidade a día de hoxe"

 

 

 

 

Continúa o voceiro “nestes dous meses dende que se procedeu á firma ante notario da cesión da parcela (4 de outubro 2017), a Xunta xa pediu licencia municipal e presentou o proxecto; pola súa parte, o Alcalde, estivo máis de dez anos ca tramitación e ca documentación… é dicir, a Xunta fixo máis en dous meses que o Alcalde en 10 anos”.

 

“Esta é sen dúbida, unha proba máis de que a Xunta de Galicia sempre tivo un compromiso inequívoco cos salcedenses para a construción do Centro de Saúde, xa que si non fose así, hoxe non podría ter presentado o proxecto xa que tan só leva dous meses sendo a propietaria da parcelade, polo que nin a Xunta nin este Grupo entorpeceron en ningún momento a sua construción e de que o Alcalde é o único culpable dos retrasos” conclue Davila.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados