Pasados dous meses da festividade de Corpus, o concello de Pontreareas ven de comunícarlle a ANPA A Pena do Equilibrio que “non vai recibir ningún tipo de axuda económica por participar na elaboración dunha alfombra floral na festividade de Corpus”, segundo explican nunha nota informativa emitida dende esta asociación “desdecíndonse do que no seu día comunicaron os medios de comunicación como así saíu publicado nos dias previos a festividade en varios medios de comunicación”.
Desde a executiva da ANPA lamentan “a aptitude mentireira do goberno local dirixido polo alcalde Salvador González Solla” lembrándolle que “está aí para representar a cidadanía e non os seus propios intereses mofándose dos cidadáns os que ten que representar”.
Desde a Anpa a Pena do Equilibrio tamén lamentan “que os partidos da oposición non exisan explicacións do reparto dos orzamentos públicos destinados a axudas para a elaboración das alfombras florais xa que desde a anpa presentáronse varias solicitudes para poder ter aceso o regulamento que rixe o reparto de axudas económicas para a elaboración das alfombras florais na festividade de corpus”.
Desde a executiva da anpa esíxenlle ó concello “unha copia do regulamento polo que se rixe o reparto de axudas económica para a elaboración das alfombras florais de Corpus ou no seu defecto que se faga efectivo o pagamento de 900 euros correspondentes as alfombras elaboradas nos anos 2011 e 2012”.