Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 7 de diciembre de 2017
DEPORTES

O judoka tomiñés Brais Pereira, medalla de prata na Copa de España Junior

Guardar en Mis Noticias.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, quere felicitar aos deportistas do club Baixo Miño polo seu gran papel no campionato.

[Img #37314]

 

O responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quixo felicitar publicamente aos cinco deportistas do club de judo Baixo Miño e a sía adestradora, Mónica Pacheco, polo gran papel desempeñado na Copa de España Junior celebrada a pasada fin de semana en Gijón. Entre eles, os tomiñeses Adrián Romero e Brais Pereira, que acudiron con toda a enerxía posta en clasificarse nesta proba puntuable para o ranking nacional.


Brais Pereira conseguía a medalla de prata na categoría de -81 quilos despois de gañar todos os seu combates excepto a final, a pesar do que volveu para casa coa máxima puntuación e demostrando que segue sendo un dos mellores judokas da súa categoría a nivel nacional.


Por outra banda, o outro tomiñés, Adrián Romero, campión galego cadete a pasada temporada, non conseguía pasar da primeira ronda, aínda que xa está traballando para volver subirse ao podium nos vindeiros compromisos.
Ambos os dous judokas tomiñeses, aínda pertencentes á categoría junior, competirán o vindeiro venres 8 de decembro na Supercopa de España Senior para ir adquirindo máis experiencia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados