Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 6 de diciembre de 2017
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra agarda unha ocupación do 64% nas Rías Baixas

Guardar en Mis Noticias.

As previsións efectuadas por Turismo Rías Baixas estiman unha ocupación media provincial durante a ponte de ata 24 puntos por riba do mesmo período do 2016.

[Img #37325]

 

O organismo turístico da Deputación de Pontevedra estima que a ponte que comeza hoxe contará cunha ocupación media do 64%. As estimacións medias provinciais, que manteñen a tendencia alcista rexistrada ao longo de todo este ano 2017, supoñen ata 24 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016, cando se agardaba un 40% de ocupación.

 

Turismo Rías Baixas estima que a ocupación máis alta espérase na comarca de Caldas, cun 98% de ocupación hoteleira. Seguen a Caldas, O Condado e A Paradanta co 85% de ocupación e O Salnés co 81% previsto. Para a comarca de Pontevedra, o organismo turístico da Deputación de Pontevedra espera unha ocupación do 70% e para as comarcas do Morrazo así como Vigo superior ao 52%. Pola súa banda, as estimacións para O Baixo Miño se sitúan no 45% e no 35% para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

 

 

 

 

De confirmarse os resultados, o 2017 remataría como o mellor ano turístico da última década

 

 

 

 

En canto ao turismo rural, Turismo Rías Baixas estima que a ocupación media para a provincia de Pontevedra será superior ao 32%, é dicir, case 20 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016 para este tipo de establecementos.

 

De confirmarse estes resultados previstos polo organismo da Deputación de Pontevedra, o 2017 se situaría como o mellor ano turístico da última década. De feito, o pasado verán foi cualificado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como “espectacular, o mellor desde que temos rexistros” ao superar o 83% da ocupación media na provincia de Pontevedra, é dicir, ata cinco puntos por riba do verán do 2016.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados