Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 7 de diciembre de 2017
MOS

A Alborada Camiño da Rosa, Himno Municipal do Concello de Mos

Guardar en Mis Noticias.

Será aprobado no Pleno deste mes e trátase dunha peza composta polo gaiteiro Xulio Lorenzo.

[Img #37322]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informaron  que no vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal que se celebrará o 18 de decembro, levarase a aprobación inicial o Himno Municipal composto polo gaiteiro de Louredo, Xulio Lorenzo.


Tras aprobación en sesión plenaria publicarase no Boletín Oficial da Provincia, publicación tras a que se abrirá o período de exposición pública, tempo durante o que os interesados poderán efectuar as alegacións que estimen oportunas.


A peza que será Himno de Mos é a Alborada Camiño da Rosa, composta por Lorenzo en 2014 e presentada o mesmo ano durante a Festa da Rosa nun acto colectivo no que Xulio Lorenzo estivo acompañado de todos/as os/as gaiteiros/as de Mos.


Xulio Lorenzo ten composto varias obras adicadas ao seu pobo, tal é o caso da Muiñeira de Mos (que compuxo en 2013 e presentou no festival BailaMos dese ano), a Danza de Alfacuca (adicada a un dos seus primeiros mestres, Juan “O Chapela”, veciño de Louredo que ten preto de 90 anos de idade) e o Pasacorredoiras da Torroeira (que é o lugar da parroquia de Louredo onde Xulio vive).


Lorenzo ten ás súas costas unha ampla traxectoria musical coa gaita como instrumento. Leva tocando a gaita dende os 12 anos e a data de hoxe son xa 25 os anos durante os que este instrumento o acompaña. No 2009 comezou a adicarse profesionalmente á música e este mesmo ano 2017 grabou o seu primeiro disco titulado ‘Cantos da Ialma’, que presentou e estreou o pasado 20 de maio no Teatro Afundación (antes Teatro García Barbón) de Vigo cun gran éxito de afluencia tanto nese concerto coma na xira de presentación que constou doutros seis concertos máis, entre eles o da Festa do Viño de Salvaterra e o da Festa do Marisco en O Grove.


Este seu primeiro disco foi grabado coa colaboración da Banda de Gaitas Xarabal de Vigo á que pertenceu Xulio entre os anos 1997 e 1999.


Himno
O Himno Municipal de Mos, a Alborada Camiño da Rosa, inspirouse segundo o seu propio autor explica no lema turístico do Concello, ‘Mos, a rosa do Camiño’. Indica Xulio Lorenzo que se trata dunha peza popular sen demasiadas complicacións técnicas para que sexa relativamente sinxela de tocar para calquera músico mosense independentemente do seu nivel de formación.


Lorenzo declarou a este respecto que “é unha honra como veciño de Mos, ter podido ser o artífice do Himno Municipal, é algo moi emocionante”. E conta ademais que “a Alborada Camiño da Rosa é unha peza feita con moito sentimento e que non estaba pensada para ser un himno, non tiven o condicionante nin a presión de que me encargaran un himno para Mos, senón que creei un tema dende o corazón que logo resultou que gustou tanto que vai a ser utilizado como o Himno Municipal do meu Concello. É un soño feito realidade”.


Sobre o Himno de Mos a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, síntese moi satisfeita, xa que era o único elemento distintivo institucional que lle faltaba ao Concello de Mos, posto que xa conta cunha bandeira e un escudo oficiais, ambos aprobados sendo ela alcaldesa do municipio. “Agora xa temos tamén un Himno Municipal completando o repertorio de distincións que simbolizan a un pobo e que son un dos grandes logros que me enorgullece enormemente ter acadado como alcaldesa”, declarou Arévalo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados