Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 11 de diciembre de 2017
TOMIÑO

Tomiño tramitou 137 denuncias pola limpeza de fincas

Guardar en Mis Noticias.

A maioría dos expedientes, que afectaban a un total de 312 parcelas, resolveuse enviando unha sola notificación ao titular da propiedade.

[Img #37333]

 

Ao longo dos últimos anos Galicia ten sufrido unha crecente proliferación de incendios no seu ámbito forestal máis urbano, aqueles terreos que forestais máis próximos aos núcleos habitados e que deixan imaxes tan devastadoras como a vaga de incendios sufrida o pasado mes de outubro, con máis de 49.000 hectáreas arrasadas.


Dentro das medidas adoptadas para evitar os lumes e cumprir a normativa autonómica de prevención e defensa contra incendios, o Concello de Tomiño tramitou este ano 2017 un total de 137 denuncias, 29 de elas de oficio, para que se aplicara a lei e os propietarios e propietarias executaran as medidas pertinentes tanto en solares abandonados como en zonas que, aínda estando en terreo de núcleo rural, son forestais e continúa na maioría dos casos cara a terreo forestal.


As denuncias afectaron a un total de 312 parcelas. De todos os expedientes abertos 300 foron tramitados polo departamento de Medio Rural do concello de Tomiño, mentres que 11 foron enviados a outros organismos por non estar dentro das competencias municipais. Ademais, desestimáronse outras 12 denuncias por falsas.


O tempo medio de resolución dos expedientes foi de dous meses, a maioría solucionados tras enviar unha única notificación aos propietarios e propietarias das fincas. Deste xeito, un 70% dos expedientes iniciados no 2017 xa están resoltos. Un dos principais problemas aos que se enfronta o Concello é a localización dos e das titulares dos terreos, xa que moitas veces os datos do catastro están incompletos ou son erróneos.


En caso de non localizar ao dono ou dona cunha primeira carta, o procedemento amplíase enviando unha segunda notificación. Se non hai resposta publícase no Boletín Oficial do Estado, díctase orde de execución, publícase esta orde de novo no BOE e procédese á execución subsidiaria. Este ano Tomiño soamente tivo que realizar unha execución subsidiaria, cun coste de 380 euros.


O departamento de Medio Rural, ademais de xestionar as denuncias, tamén se encarga de informar aos tomiñeses e tomiñesas que o solicitan das distintas normativas existentes nas administracións en canto a distancias das plantacións nos distintos tipos de solo presentes no municipio e as obrigas de xestión de biomasa dos seus terreos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados