Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de diciembre de 2017
Nigrán

Porto do Molle conta con 125 novas árbores

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37360]

 

O Concello de Nigrán invistiu 19.724 euros na reposición do arbolado que ocupa os alcorques das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle. O motivo é que os antes existentes, falsos pimenteiros, se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local consideraba preciso repoñelos. En total, o  Concello plantou esta semana 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraízar algún elemento, a empresa suministradora o sustituirá por outro igual sen conste algún.

 

"Este é un parque que destaca como exemplo de calidade e respeto medioambiental e que aporta moitos beneficios ao municipio; era unha actuación prioritaria sustituír os árbores por especies que realmente se adapten a este lugar, o noso compromiso é revertir neste parque boa parte dos beneficios que xenera", sinala o alcalde, Juan González. Neste sentido, o Concello apostou polo liquidambar, unha árbore caducifolia moi resistente con follas semellantes ás do arce e que no outono colle tonos dende amarelos a vermellos. Así, operarios de Brocoli, a empresa adxudicataria do mantemento das zonas verdes municipáis, repuxeron durante esta semana o arbolado nas rúas do parque empresarial.

           

Precisamente, seguindo este mesmo criterio, o Concello de Nigrán presentou a licitación o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños (que discurre por Porto do Molle) nunha intervención na que se aposta por  devolver ao río o seu equilibrio natural e á que se vinculan núcleos de ocio e deportivos públicos totalmente respetuosos coa contorna. "Son actuacións nas que a sostibilidade medioambiental é a premisa fundamental e que farán deste parque un referente de calidade", resume o alcalde, Juan González.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados