Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 15 de diciembre de 2017
TUI

En xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica

Guardar en Mis Noticias.

O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de decembro.

O próximo mes de xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.


Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar.


O curso consta de 7 sesións, cunha duración de hora en media cada unha, que se celebrarán en horario de 17.00 a 18.30 horas.  Durante o mes de xaneiro o participantes realizarán unha primeira entrevista coa terapeuta, e o curso dará comezo o día 11 de xaneiro. Dende o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui anima a todas as persoas que desexen deixar de fumar e non o conseguen, a anotarse neste tipo de terapias que brindan  apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas.


Para realizar o curso é preciso contar cun mínimo de 12 persoas. Os interesados pódense anotar ata o venres 22 de decembro achegándose as dependencias dos Servizos Sociais, a través do correo paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986 60 36 25 ext 36.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados