Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 12 de diciembre de 2017
PONTEAREAS

Investigan verquidos ao río que prexudican o normal funcionamento da depuradora

Guardar en Mis Noticias.

Técnicos de Medio Ambiente recollen mostras en distintos puntos.

[Img #37381]

 

O goberno de Ponteareas ten aberta unha liña de investigación para averiguar a procedencia de vertidos puntuais que nos últimos meses están a afectar o normal funcionamento da depuradora.

 

Estes vertidos, agresivos co sistema de depuración, non se corresponden cos vertidos que habitualmente trata a a estación de tratamento de augas residuais sita na Moscadeira, está a perxudicar o seu funcionamento.

 

Técnicos de Medio Ambiente acompañados da Policía Local recolleron mostras dos vertidos tanto na zona de saída da depuradora como en distintos puntos que poidan gardar relación e en diferentes arquetas para detectar a súa orixe e abrir os correspondientes expedientes sancionadores, se fora o caso.

 

A rede de depuración non conta cun sistema regular de mantemento, tema no que esta a traballar o goberno actual para unha correcta xestión da rede existente e que permita tamén detectar estas situacións de vertidos indebidos para o seu tratamento na depuradora existente.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados