O Instituto de Estudos do Territorio organizará a partir de xaneiro unha xornada en cada provincia para dar a coñecer o contido da guía entre un público máis amplo
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio reuniu esta semana en Santiago a medio centenar de técnicos municipais para presentarlles a Guía de Cor e Materiais, unha ferramenta coa que pretende loitar contra o feísmo e para a que a Xunta quere contar co apoio e colaboración dos concellos galegos.
Durante a xornada, a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, subliñou o papel “fundamental dos técnicos municipais”, lembrando a importancia que ten a súa figura na formulación e elaboración dos instrumentos de planeamento urbanístico. Por este motivo, Santé apelou á súa colaboración á hora de axudar a difundir e a empregar a guía a nivel municipal, pero tamén os convidou a enriquecela coas súas propias achegas.
Inés Santé subliña o papel fundamental que xogan os técnicos municipais no planeamento urbanístico e pide a súa colaboración na difusión desta ferramenta
A explicación técnica da guía correu a cargo de Cristina García Fontán, arquitecta dun dos equipos que participou na súa elaboración, e para poñer fin ao encontro, propúxoselles aos asistentes que responderan a un cuestionario interactivo para testar a súa opinión e o grao de coñecemento que tiñan sobre a mesma.
Esta xornada, organizada polo IET en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), enmárcase dentro do proceso participativo aberto pola Xunta co fin de dar a coñecer a Guía de Cor e Materiais entre os distintos colectivos directamente relacionados coa súa aplicación e desenvolvemento. De feito, a intención do IET é organizar, a partir de xaneiro, unha xornada monográfica en cada provincia co obxectivo de dar a coñecer esta guía entre un público o máis amplo posible.
Una manera de reducir la factura energética es utilizarla de manera más eficiente. Muchos electrodomésticos se comercializan con etiquetas para que los consumidores puedan examinar su eficiencia energética. Los eurodiputados consideran en la actualidad la posibilidad de cambiar este sistema para que aporte una información más clara.
Coa finalidade de actuar con contundencia contra o feísmo, Feijóo resalta que será obrigatorio finalizar o exterior da actuación
De raíces gallegas aunque nació en Barcelona (1970 Joaquín Torres es el director del estudio de arquitectura y urbanismo A-cero, uno de los que goza de mayor prestigio en España y mundialmente reconocido. Su gran talento para la arquitectura le ha servido para ganar concursos nacionales e internacionales, pero es más famoso por proyectar, junto a su equipo, las viviendas de numerosos personajes conocidos, desde Amancio Ortega a Ronaldo, Alejandro Sanz, Zidane o Carlos Sainz.
El estudio cuenta en la actualidad con cerca de 80 profesionales en plantilla y oficinas en Madrid, A Coruña, Dubai, República Dominicana, Ho Chi Min (Vietnam), São Paulo (Brasil), Moscu y Bombai.