Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 12 de diciembre de 2017
O PORRIÑO

O plan de emerxencia exterior de Syngenta recibe informe favorable de Protección Civil

Guardar en Mis Noticias.

Estes plans, elaborados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, teñen como función básica determinar as zonas de intervención e alerta e prever as medidas de seguridade a adoptar en caso de accidente.

[Img #37426]

 

A comisión permanente do Consello Nacional de Protección Civil, reunida hoxe en Madrid, emitiu o seu informe favorable aos plans de emerxencia exterior de Arteixo, Cabo Prioriño e Syngenta España, elaborados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

 

O director xeral, Luis Menor, expuxo que estes plans teñen como función básica determinar as zonas de intervención e alerta e prever a estrutura organizativa e os procedementos de intervención e información a poboación sobre as medidas de seguridade que deben tomarse en caso de accidente.

 

Ademais, a Comisión Nacional tamén emitiu un informe favorable sobre o Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia (Plan Inungal) e o Plan de Emerxencias Exterior do complexo industrial de San Cibrao (Lugo). Estes plans xa están vixentes ao ser elaborados antes da creación do Consello.

 

[Img #37421]O plan Inungal supón unha actualización do plan anterior, aprobado en 2002, e adáptase aos importantes cambios relacionados coa xestión do risco de inundacións, tendo en conta, entre outros aspectos, os plans de emerxencia de presas elaborados e a creación da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

 

Finalmente, o director xeral, acompañado por técnicos da empresa Gas Natural Fenosa, deu conta dunha proposta novidosa no plan da presa de Velle. Trátase do emprego de aplicacións móbiles para alertar á poboación situada en zona inundable, xa que a solución tradicional de avisos por sirena non é aconsellable neste caso ao afectar a un elevado número de persoas na cidade de Ourense e o seu contorno.

 

Syngenta na Louriña

Despois da "campaña informativa" dirixida aos responsables dos colexios e ANPAs da zona, así como en centros sanitarios, garderías e distintos colectivos da poboación máis achegada ás instalacións de Syngenta, e tras realizarse o primeiro simulacro no que se activou o Plan de Emerxencia Exterior desta empresa ubicada na Louriña, agora o Consello Nacional de Protección Civil emitiu o seu informe favorable as plan de emerxencia exterior de Syngenta España.


[Img #37427]As normativas europea (directiva SEVESO) e estatal obrigan ás administracións públicas a elaborar e implantar planes de emerxencia nas instalacións que almacenan determinados produtos químicos a partir de certas cantidades umbrais.

 

Syngenta Agro, S.A. encóntrase situada no linde municipal que separa os municipios do Porriño e Mos, aínda que maioritariamente no primeiro.

 

A empresa leva instalada no termo municipal de Mos, en concreto na estrada Porriño-Gondomar, máis de 60 anos, pero é agora cando se elabora este plan de prevención porque é recente a esixencia da normativa autonómica de redactar os Plans de Emerxencia Exterior (PEE).

 

Protocolo de actuación

 

O protocolo de actuación no que consiste este plan vai dirixido específicamente a dúas zonas do contorno da empresa Syngenta, a chamada zona de intervención na que se atopan situadas unhas 150 vivendas, e a zona de alerta que abarca tres kilómetros de radio ó redor das instalacións da empresa.

 

Nas instalacións de Syngenta Agro, S.A. no Porriño traballan unhas 100 persoas e encóntranse nun recinto compartido coa empresa Biofabri, na que hai máis de 110 traballadores. Biofabri realiza fundamentalmente actividades de envasamento de productos farmacéuticos e non está afectada pola normativa de accidentes graves.

 

 

Sistemas de aviso á poboación

 

O sistema primario de avisos á poboación consistirá en “sirenas electrónicas, controladas tanto en local como a través dun sistema remoto instalado no CAE 112- GALICIA, con cobertura na zona de alerta e intervención”.

 

No caso de “accidente con emisión de nube tóxica persistente  o confinamento aplicarase como medida principal nun raio de 1.500 metros arredor das instalacións de Syngenta” segundo sinala o documento.

 

Segundo este Plan “no caso de nube tóxica persistente, situación moi factible dada a configuración do terreo nas inmediacións do Porriño, o confinamento estenderase a toda a poboación da zona incluída no interior dun círculo de 3.500 metros de radio”

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados