Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 13 de diciembre de 2017
PONTEAREAS

O Xeodestino Condado Paradanta posicíonase na axenda turística

Guardar en Mis Noticias.

A Directora de Turismo e os Alcaldes do Condado Paradanta presentaron hoxe esta iniciativa.

O Concello de Ponteareas lidera o Xeodestino Turístico Terras do Condado - A Paradanta que será presentado hoxe no Hotel Balneario de Mondariz ás 19 horas. Dez concellos (A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra, Salceda de Caselas e Ponteareas) forman parte deste xeodestino que nace co obxectivo de posicionar ás dúas comarcas no calendario dos turistas.


Coa intención de promocionar os recursos naturais, patrimoniais, etnográficos, e gastronómicos, o Xeodestino Condado Paradanta contará cunha páxina web que será presentada hoxe xunto á guía turística da zona e a un mapa que guiará aos visitantes polos roteiros non só medioambientais e históricos se non tamén gastronómicos ofrecendo ademais un paquete de turismo viño+auga.


Na presentación de hoxe intervirán o presidente do GDR e Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez; o Presidente do Xeodestino e Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; os técnicos responsables do proxecto das empresas AVIVAE E INICIACTIVA; a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o Alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo.


No encontro de hoxe tamén lanzarán dous vídeos promocionais que serán distribuídos en feiras, xornadas turísticas, axencias, plataformas webs, medios de comunicación e redes sociais.


O Xeodestino Terra do Condado-A Paradanta está financiado pola Axencia Galega de Turismo de Galicia cunha achega de 30.000 € para este ano 2017.


Conscientes da necesidade de sumar esforzos, os Alcaldes do Condado Paradanta asinaron un convenio coa Axencia Galega de Turismo de Galicia que permite agora dar luz verde a esta iniciativa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados