Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 2 de enero de 2018
MOS

O BNG denuncia que o Concello "infla" os ingresos para "cadrar as contas".

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37888]

 

Para o BNG de Mos os orzamentos aprobados no pleno "non están en tempo, xa que entrarán en vigor como mínimo a finais do mes de xaneiro". Os nacionalistas lembran que  "este ano 2018, é o último antes das eleccións, polo que tal como se pode ver, as inversións dispáranse, algo que fai que poidamos calificar aos orzamentos de electoralistas".

 

Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do Grupo Municipal do BNG en Mos, asegura que  "os ingresos previstos son irreais, a recadación o IBI, según o goberno, vai ser de 2 millóns de euros, algo que non vai poder ser. Un exemplo é o que pasa este ano, no que estaba previsto recadar 1.880.000 e a mes de novembro lévase recadado só 917.000 euros. O que clarifica o nivel de ingreso que se pode ter o concello. Ésto é avisado pola intervención do concello no seu informe".

 

O portavoz nacionalistas advirte que "logo, cando non saian as contas, as facturas vanse acumular nos caixóns, como fixo xa hai algúns anos o goberno do PP".

 

Ademais, sinala o responsable do BNG,  "os gastos en inversión se disparan, por exemplo, en estradas duplícase de 150.000 a 300.000 euros, e hai unha nova partida de 150.000 euros para parques infantís. Electoralismo en estado puro".

 

Ademais, explica, "non aparece a débeda que ten o concello coa Mancomunidade, que comezou a súa disolución, e o concello de Mos terá que pagar 124.000 euros, e esta débeda non aparecen en ningún lado no orzamento".

 

Aldea di que "este orzamento legaliza a produtividade que arbitrariamente concede a alcaldía a certos traballadores, cambiando as bases de execución do orzamento para poder levalas a cabo sen que a intervención do concello poña reparos".


O BNG votou en contra os orzamentos alegando que "non se fía do equipo de goberno do PP".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados