Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de diciembre de 2017
DEPORTES

Ponteareas suda a camiseta e axuda aos máis desfavorecidos

Guardar en Mis Noticias.

Taninos Runners, en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza a VI San Silvestre Solidaria o vindeiro 31 de decembro.

[Img #37529]Taninos Runners Ponteareas, en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza a  VI San Silvestre Solidaria que sairá da Praza Maior ás 17:30 horas o vindeiro 31 de decembro. As inscricións estarán abertas ata o 29 de decembro non admitíndose inscricións no propio día da proba.


Un circuito urbano de cinco quilómetros no que cada gota que se sude será para amosar o lado máis solidario con aqueles que máis o precisan. Todos os que o desexen poden achegarse e aportar alimentos e produtos de hixiene persoal a favor do centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.
Esta proba non competitiva está aberta a maiores de catorce anos cun límite de 750 participantes. A San Silvestre Infantil que sairá da Praza Maior ás 16:45 horas tamén terá o prazo de inscrición aberto ata o 29 de decembro e está aberta a maiores de seis anos cun límite de 250 participantes.

 

 

 

 

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 29 de decembro

 

 

 


Todas e todos os interesados poden inscribirse na páxina web www.taninosponteareas.com.


O Concelleiro de Deportes, Benito Fernández, felicita aos organizadores pola súa iniciativa e anima a toda a veciñanza a participar e amosar o seu lado máis comprometido.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados