Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 19 de diciembre de 2017
VIGO

Ofeitoaman cita de referencia da artesanía de Galicia no Nadal

Guardar en Mis Noticias.

Ata o 5 de xaneiro a Estación Marítima da cidade viguesa convértese no epicentro da comercialización de Artesanía de Galicia.

A trixésimo terceira edición da Feira de Artesanía Ofeitoaman de Vigo, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, abre a súas casetas na zona exterior do Centro Comercial A Laxe, fronte á Estación Marítima de Trasatlánticos do porto vigués, coa participación de 20 obradoiros artesáns de Galicia e un de Portugal.

 

Esta mostra, organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), conta co apoio da Xunta, a través da convocatoria de axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.

 

 

 

 

É un dos eventos máis emblemáticos da Comunidade que este ano chega á súa trixésimo terceira edición coa participación de 20 obradoiros artesáns galegos e un de Portugal

 

 

 

 

Os expositores de Ofeitoaman son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e presentan obras acollidas baixo a marca oficial Artesanía de Galicia, que garante a súa cualificación e orixe. Este ano, ademais dos expositores habituais, participan por primeira vez tres novos obradoiros: Paznavas da Coruña, con complementos artesáns; Rosa Fraiz, ourive de Vigo; e Nuria Benlloch, deseñadora e artesá de Vigo, que presenta complementos de moda.

 

A Feira supón unha proposta de mercado de Nadal monográfico, no que os obradoiros participantes presentan as súas creacións orixinais directamente ao público, como unha alternativa cargada de autenticidade, fronte a outros agasallos máis convencionais. Toda a información sobre os expositores  pode consultarse na web da Feira: www.ofeitoaman.org

 

O evento permanecerá aberto ata o día 5 de xaneiro, pechando os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O horario de visita é de 11:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 21 horas (os días 24 e 31 pechará ás 19 h).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados