Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de diciembre de 2017
Mos

O Celta presenta o seu proxecto de Cidade Deportiva en Mos

Guardar en Mis Noticias.

Un macroproxecto que se inaugurará no 2019 e que ocupará unha superficie de máis de 800.000 metros cadrados entre as parroquias de Pereiras e Tameiga

 

Hoxe pola mañá celebrouse un acto conxunto entre o Celta e o Concello de Mos, enmarcado baixo o título “PRESENTE, FUTURO E ILUSIÓN”, que tivo lugar no Multiusos das Pozas.

 

No acto estiveron presentes Carlos Mouriño, Presidente RC Celta, Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Marta Fernández-Tapias, Directora Xeral de Administración Local, Ana María Ortiz, Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega de Fútbol, Ana Pastor, Presidenta do Congreso, Brais Méndez, xogador mosense do RC Celta, Rubén Blanco, Xogador mosense do RC Celta, Iago Aspas, xogador do RC Celta, Hugo Mallo, xogador do RC Celta, Xavier Rivas, arquitecto da Cidade Deportiva e director de OTIMA S. L. (Ordenación Territorial de Infraestructuras del Medioambente S.L.) e demais membros da Corporación Municipal mosense.

 

A xornada comezaba co gaiteiro mosense Xulio Lorenzo que abriu o acto coa súa Alborada Camiño da Rosa que será aprobada o vindeiro luns en Pleno como Himno Oficial do Concello de Mos e polos integrantes do Grupo de Alumnos da Escola de Música de Mos, que pecharon o acto tocando o Himno do Celta. Ademais a xornada transcorreu con numerosa afluencia de público e a presencia dun nutrido grupo de nenos/as xogadores/as de dous dos principais clubes futbolísticos mosenses, o Club Louro-Tameiga e a Unión Deportiva Mos, dos que dous dos seus cativos fixeron cadansúa intervención, moi emotivas e entrañables ambas (o medio centro Diego por parte da Unión Deportiva Mos e o lateral dereito Marcos por parte do Club Louro-Tameiga), nas que explicaron o que significa para eles que a Cidade Deportiva do Celta vaia a estar en Mos.

 

Tras a presentación do proxecto da nova Cidade Deportiva do Real Club Celta -que estará ubicada cara ao norte das instalacións do Círculo Mercantil e se comezará a construir en Mos durante o verán de 2018 para ser estreada en 2019 (incluirá 10 campos de fútbol, mini estadio, pavillón, residencia, espacios naturais, área comercial... etc.)-, a alcaldesa realizou unha intervención na que destacou que “a Cidade Deportiva é unha realidade que supón unha incrible oportunidade para o Concello de Mos, que por fin está no mapa, e pasa de estar ninguneado e perxudicado por infraestruturas de todo tipo a gozar dos beneficios desta nova realidade. Beneficios dos que ningún outro Concello da Provincia de Pontevedra, e me atrevería a dicir de Galicia goza. Pasamos de ser os grandes damnificados de estar ás portas dunha gran cidade como Vigo, a resultar, por primeira vez, beneficiados. Esta realidade ocorre e é posible porque somos unha Área Metropolitana e porque Mos ten un Plan Xeral aprobado e en vigor”.

 

A rexedora local explicou así mesmo que “o Real Club Celta leva apoiándonos a min e a Mos dende que son alcaldesa e agora a ubicación aquí da súa nova Cidade Deportiva é a máxima expresión desta mutua colaboración existente dende sempre”.

 

Calificou ao presidente celeste como “un presidente con maiúsculas, sempre disposto a colaborar, a axudar, que lle abriu a Mos a porta do Celta e confiou en nós cando lle plantexamos a solución á problemática do Club, solución que foi viable e a Cidade Deportiva do Celta en Mos é unha realidade. Por elo digo hoxe aquí alto e claro que dende xa consideramos a Carlos Mouriño o veciño número 15.133 de Mos. Considerámolo xa parte do noso pobo e o Celta ten xa unha bandeira máis para que ondee nas súas instalacións: a bandeira de Mos”.

 

MÁIS IMAXES AQUÍ

 

Noticias relacionadas
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados