Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de diciembre de 2017
GALICIA

Nova convocatoria das axudas do Leader para o agro galego

Guardar en Mis Noticias.

Así o anunciou a conselleira do Medio Rural durante unha visita a varios proxectos beneficiarios destas achegas na zona do Baixo Miño

[Img #37598]

 

Antes de que remate este mes de decembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria das axudas da medida Leader para dinamizar o agro galego. Así o anunciou  a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a varios proxectos beneficiarios destas achegas que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Baixo Miño.

 

A titular de Medio Rural explicou que o seu departamento destinará algo máis de 17,5 millóns de euros no bienio 2018-2019 a financiar estas axudas. Os fondos distribuiranse entre os 24 grupos de desenvolvemento rural repartidos polo territorio da Comunidade, que son os encargados de aprobar e apoiar os proxectos tanto de carácter produtivo como non produtivo.

 

[Img #37599]Neste percorrido, Ángeles Vázquez coñeceu tres iniciativas xestionadas polo GDR 14 Baixo Miño. Por un lado, a ampliación e expansión da empresa alimentaria “La Torta”, do Porriño, visita na que estivo acompañada polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Por outra banda, a mellora da eficiencia enerxética e hídrica mediante rego por goteo en explotación de maceiras e aguacates de “Vivaz Plant”, no Rosal e, por último, a adquisición de vehículos adaptados para discapacitados vinculados ao centro “Vontade”, en Tomiño.

 

A conselleira destacou que todos estes proxectos contribúen a facer un rural vivo e dinámico e valorou o labor dos GDR, que –lembrou– xestionan os fondos Leader cun enfoque de abaixo cara arriba, integrando aos poderes públicos e á sociedade civil no deseño e aplicación das políticas de desenvolvemento do agro.

 

O grupo de desenvolvemento rural Baixo Miño aglutina 13 concellos, cun total de 766 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación de 142.832 habitantes. No período 2017-2018 xestionou preto de 700.000 euros para un total de 11 proxectos, entre eles os que hoxe visitou a conselleira.

 

No conxunto de Pontevedra, os cinco GDR do territorio provincial apoiaron 68 iniciativas na mesma anualidade, cun importe das axudas que superou lixeiramente os catro millóns de euros. Estes grupos son Condado-Paradanta, Pontevedra-Morrazo, Pontevedra Norte e Salnés-Ulla-Umia, ademais do xa referido de Baixo Miño.

 


Emprego e calidade de vida

 

O orzamento total da medida Leader para o conxunto de Galicia no período 2014-2020 ascende a 84 millóns de euros. Con estes fondos procúrase mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos a poboación destas zonas, propiciando a mellora do seu nivel de vida, a inclusión social e a redución da pobreza. Búscase ademais favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos, as persoas con discapacidade ou as persoas maiores.

 

Outros obxectivos pasan por garantir a sustentabilidade da actividade no rural, mediante o coidado e a utilización adecuada dos recursos naturais, potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio e contribuír á concienciación e adaptación ante o cambio climático, fomentando o uso de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.
 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados