Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Domingo, 31 de diciembre de 2017
Salceda de Caselas

Nova oficina de farmacia en Salceda de Caselas

Guardar en Mis Noticias.

[Img #37604]

 

O Diario Oficial de Galicia publicaba, na súa edición do 15 de decembro, o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización. O novo mapa determina a necesidade da apertura de 41 novas oficinas de farmacia para garantir unha atención axeitada na nosa comunidade: sete en concellos urbanos, 14 en concellos semiurbanos e 20 en concellos rurais. Distribuídas por provincias, corresponden 23 á Coruña, 4 a Lugo, 5 a Ourense e 9 a Pontevedra.

 

 

Desta forma, no anexo do decreto, detállase novas aperturas en áreas semiurbanas de Poio, Baiona, Cangas, Moaña, e Ponteareas. As farmacias restantes irán a zonas rurais que por poboación precisan estes establecementos: Silleda, O Rosal e Salceda de Caselas.

 

 

A modificación das cifras poboacionais do padrón de habitantes, a apertura de novos establecementos sanitarios e oficinas de farmacia teñen mudado significativamente dende o mapa vixente, de hai quince anos (regulado polo Decreto 278/2002, do 12 de setembro) e que quedará derrogado coa actual normativa.

 

 

Con este decreto, Sanidade mellora as condicións de acceso da poboación á atención farmacéutica, ao tempo que garante que no nivel asistencial de atención primaria a cidadanía dispoña do número necesario de farmacias cun acceso rápido, oportuno e equitativo. Tamén contribúe a garantir o dereito de libre elección de oficina de farmacia por parte da cidadanía, na medida en que se mellora a oferta e se adecúa ás circunstancias poboacionais existentes na actualidade, así como a recibir a atención farmacéutica que se precise coa maior inmediatez e proximidade.

 

 

Tras a entrada en vigor deste decreto coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a aprobación da reforma do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, o seguinte paso será iniciar o procedemento de adxudicación. A adxudicación realizarase a través de concurso público das novas oficinas de farmacia coa convocatoria a un acto público ao que están chamados a concorrer todos os participantes, e no que cada un deles se presentará a todas as oficinas convocadas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados